As torres do Areniro xa son oficialmente chatarra. Derrubadas polo furacan Charli resistiron dende o chan as inclemencias do tempo, pero permaneceron indefensas á man do home que se alimentou delas cal animal de carroña. Alí mortas pero non esquecidad, os esqueletes metalicos das torres de telecomunicacións permanecen quedos baixo as miradas chorosas dos veciños, os memos que de nenos gabeaban por elas en inocenes xogos, quizáis bélicos que pouco ou nada tiñan que ver coa Segunda Guerra Mundial, conflicto do que eran fillas.Certo, servidoras do Terceiro Reich, acabaronse convertendo en utensilio dos dous bandos chegando a ser incluso reparadas polos ingleses cando a exausta España non tiña materiais para as arranxar.Transmitian en morse e foron no seu momento tecnoloxia punteira que seguia o denominado sistema Consol que permitia a localización xeografica de avions e barcos por toda europa, norte e Africa e Groenlandia. Agora só son ferros.Asi coidamolo patrimonio, asi o estimamos, contribuimos a esquecernos de que nas guerras, nas tristes e sanguentas guerras o homes, que mostran tanto o peor como o mellor de si, levan a cabo alguns dos maiores descubrimentos do xenero homo. Sen Guerras moitos dos aparellos que hoxe utilizamos non existirian … Espero que ese abandono non se deba a que as torres foron propiedade do Führer … espero que non se deba a que foron usadas pola dictadura … espero que non …
Por outro lado, esta o da Basilica romanica de San Martiño, a autovia pasara a só 100 metro delaigual e para que os usuarios da via poidan desfrutala sen necesidade de vaixar do vehiculo.
Hoxe foi a primeira vez que o telexornal fixo que unha bagoa quixera fuxir dos meus ollos. Contivena, non vale a pena derramar forzas por casos perdidos
No hay comentarios:
Publicar un comentario