Necesito razoar en voz alta. Xa sei que iso de usalo raciocinio non é algo que adoite facer con frecuencia, asique supoño que me permitiredes facer alarde publico deste atrevemento.
Teño escasos coñecementos filolóxicos, e aínda menos coñecementos artistico-filosóficos, asique a miña reflexión de hoxe non se sustentará, como en moitas outras ocasións neste blog, na mención de autores dunha probada reputación. Certo é que o que vou dicir xa o expresaron e explicaron mellor outros antes ca min, pero tamén considero que unha reflexión a partir dos coñecementos e experiencias propias non ven mal de vez en cando, por iso pido desculpas de ante man e aviso, coma sempre, de que os comentarios estan abertos para todos.
A arte é unha linguaxe e como tal un producto da sociedade na que surxe, suxeita a unhas costumes, unhas crenzas e uns tabús concretos que varían dun pobo a outro. O estudo dun idioma, dunha linguaxe, necesita sempre dun método concreto ( como calquera outra disciplina cientifica) que aporte os medios necesarios para descifrar as claves comunicativas das que consta. A unidade máis básica é sempre o lexico[1], é dicir, ás unidades que convinadas correctamente nos transmiten unha mensaxe. O léxico da arte son as formas, planas ou en dimensións, refinadas ou toscas, ¿non existe acaso un lexico culto e outro máis coloquial? O correr do tempo e os cambios da sociedade poden moldear estas formas, este léxico, e por su posto: poden incidir directamente na combinación, na sintaxe. Desta forma pese a que a Grecia clásica e o Barroco do XVII empregan practicamente o mesmo léxico, a sintaxe tan diferente, fai que ámbos estilos cheguen a ser como duas linguas distintas. Logo, se para entender un novo idioma necesitamos dunhas determinadas claves que van dende a fonética á maneira de vivir dos falantes, coa arte ven a pasar máis do mesmo.
[1] Esquezamonos de morfemas e demáis amigos para non complicar moito a cousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario