Dia soleado e frío, recende a inverno e xeada, a castañas asadas e lume de cociña … A unha escasa semaniña para santos as flores cultivadas ex profeso para tal data locen radiantes baixo as raioliñas frescas das tres da tarde. E, mentras tanto, aínda en pixama (non me da vergoña recoñelo), fago plans ocio - estudiantis para a tarde. Toca preparar seminario de iconografia o que me fai lembrar que hai uns días tiña intención de publicar un post sobre a coñecida Afrodita/Venus ainda que estamos cheos de vela e de falar dos seus mitos, de disertar sobre o amor, os amorios e demáis derivados, poucas veces reflexionamos a fondo sobre o que a mitoloxia nos pretende ilustrar, e sobretodo a mitoloxia moralizada nacida do renacemento e a ilustración
Comecemos falando das dúas Afroditas: Afrodita Urania e Afrodita Pandemos. Existen dous mitos relacionados co seu nacemento, o primeiro relacionariaa coa caida (castración, mellor dito) de Urano, pai de Cronos e esposo de Gea e o segundo considerará á deusa froito da relación entre Zeus e Dione. Desta forma atopamonos con duas Afroditas, unha que descende directamente da primeira das divinadades da Cosmogonía grega e outra que resulta da unión dunha mortal cun ser divino. Co paso da historia o mito con máis peso foi o do nacemento da espuma do mar, é dicir, de Urano, o que convertia a Afrodita nunha deusa de gran rango, máis antigua incluso que Zeus, o que amontona as nubes. Sen embargo, Paltón con sideraria a esixtencia de duas Afroditas, e dicir, non desbotaria ningun dos mitos e falaria dunha Afrodita Urania, deusa do amor máis divino e elevado (amor platónico) e dunha Afrodita Pandemos, deusa do amor vulgar e das paixóns. A teoría platónica, que xa sabesmos que pulula por tódolos recunchos do saber occidental, cobraría un gran peso na mitoloxía moralizada do Renacemento e ós séculos posteriores, asi, á vista desta idea dos dous amores Tiziano pinta o cadro “Amor sacro e amor Profano”
O amor todo o pode, incluso vencer a ira da guerra, a cruenta irracionalidade de Marte. Afrodita era a esposa oficial de Efesto (Vulcano) a quen enganou co deus da guerra, Ares/Marte. Da ilicita relacion naceros dous pares de xemelgos: Eros e Anteros (paixón e desprezo ou amor e odio) e Fobo e Deimon (medo e terror). Existen duas versión acerca do matrimonio de Afroditacon Efesto, que sobran comentar aqui pola súa escasa importancia iconogrñafica, o que si é certo que Afrodita non era feliz no seu matrimonio o que a levou a buscar a compañia doutros como por exemplo a de Adonis. Non obstante, o ciclo iconografico dos amores de Venus e Marte é interesante entanto que Marte sempre aparece despoxado dos seus bélicos atributos: a coraza, a lanza, o casco; soe aparecer sempre dobregado ós encantos do amor de Afrodita, docil, sin ira, sen rabia, xove e despreocupado, sen estar en garda, incluso deixa que pequenos Eros ou faunos lle quiten as armas e xoguen con elas. O amor, pode parar a guerra, sería a lectura literal, o amor apacigua e calma, e ninguen, nin o máis iracundo dos deuses se pode resistir ós seus encantos.
Non obstante, por amor tamen poden comezar as guerras, recordemos senón o Xuizo de París, desencadeante da Guera de Troya. No Banquete dos deuses a Discordia tirou unha maza de ouro adica “a máis bela das deusas”, lanzaronse a por ela Hera, Atenea e Afrodita polo que Zeus mediando escolleu ó pastor Alexandro (Paris) para que fose xuiz e tomase unha decision acerca de cal das divinidades era a máis fermosa. Atena ofreceulle a sabiduria suprema, Hera o reinar sobre o mundo e Afrodita ofreceulle o máis simple dos regslos: o amor dunha muller fermosa, o amor de Helena esposa de Melenao. O resto non o conto só por deducción, tendo en conta isto e o final o “casus belli” mitoloxico da guerra de Ilion, un pode deducir sen esforzo a quen escoleu Paris ... De novo aqui a historia dunh home e dunha mazá ... soavos de algo?