sábado, 2 de junio de 2012

Lecturas xuvenis ... pssss


Dende cativa tiven un trauma coa literatura galega e aínda que polo camiño fun atopando moi boas cousas poido dicir que aínda hoxe recelo un pouco cun libro en galego nas mans. Os meus profesores de lingua e literatura galega sei que estaredes adoecendo agora mesmo, pídovos que leades o post enteiro, que teño bos argumentos, me parece.
Xa dixen máis dunha vez senón lembro mal que estando no colexio me mandaan ler as obrigadas lecturas infantís de El barco de Vapor e as colección de Galaxia para nenos. Na miña casa, culpa será da miña querida proxenitora, os libros e as películas non entenderon case nunca de idades, e aínda que fun críada con Andersen e os Grimm os meus gustos lectores dende nena eran raros e exixentes como agora. Entenderedes pois que os libros eses para nenos de formigas que contan lendas, cans que falan e non sei cantas outras historias non foran do meu gusto. Así pasei a primaria, amargada cada vez que me facían ler un libro e mirando a miña nai con cara extraña cando collían un daqueles diaños na man: mamiña, pódese saber que che gusta de ler?
Había de descubrilo eu soíña tempo despois con “A nena branca de Vilamaxin” e “Heidi” e por suposto “Regreso a las cavernas”, que seguían a ser literatura xuvenil pero máis decente, para o meu entender. Logo comecei a gañar algún que outro lote de libros nalgún que outro concurso literario, así chegarón á casa títulos como “Dúas bágoas por máquina” ( de lectura obrigado nalgún colexio), “Nadal, o regreso de Uxia Mestre”, “Tra-lo último dinosaurio” ou “Auga para encher un cesto”. Hoxe atopei no faiado os devanditos libros ( que máis me tería ler lido daquela para non meter tanta falta de ortografía hoxe), non lin ningún, nin o primeiro, os títulos dávanme pereza e a linguaxe cha coa que estaban escritos moito máis. Os argumentos simples e pouco soñadores: un can perdido, un rapaza que volve á casa, … Teño como propósito de verán lelos todiños, lograreino?
Logo chegou o instituto e empezaron a caer “libros-guerra-civil” en castelán e en galego, o tema non esta mal, excepto cando eclipsa a variedade de temas. Entre os “libros-guerra-civil” sempre había algún con algo de violencia ou sexo que lograban milagrosamente escandalizar ás mentes hormonadas ( exemplo: “Eros e Tánatos” e “Non hay misericordía”). Recordo tamén como con boa intención os venres se nos facía ler “El bosque animado” en voz alta, coma nunha maratón de lectura, esfangañando e ultraxando bravos momentos de placenteira lectura, e é que ainda que non me quedaron ganas de volver coller ese libro na man para darlle un repaso merecido, teño que recoñecer que certas imaxes e historias eran boas, moi boas e que me gustaban, para ler na tranquilidade da casa ó carón da cociña de leña, e non escoitando as voces mutantes dos compañeiros.
Logo de iso que é a ESO chegou o bacharelato e melloraron por fin algo as cousas. Tiñamos unha lista longa de libros a escoller, lista que aínda conservo para ir acabando os títulos que me faltan ( lista que le agradezo a “El toupo que fuza” J ).
Ler un libro para quedar despois vacio e tan grave coma ir ó cine para saír sen lembrar nada da película.
P.D xa iréi poñendo as reseñas dos libriños dos que falei.

No hay comentarios: