martes, 3 de abril de 2012

Señores marqueses ...

... aqui ténde-la marquesina máis cara e inútil da historia.
Pode ser que por Barreiros haxa xente contenta con ela, eu particularmente consideroa un atentado visual e económico. E case é máis grave o segundo que o primerio, xa que por desgracia xa teño callo feito nas retinas. AQUÍ tende-lo modelo.

Unha marquesina que ten que estar aberta polos laterais para permitir o paso dos peatóns pola rúa e que por iso mesmo non resgarda da chuvia nunhas terras nas que todo o mundo sabe que a auga, vertical, vertical, non cae. Unha marquesina que esixe certo espazo para que o autobús se acerque correctamente pero que carece del por estar permitido aparcar nas inmediacións ...

200.000 euros segundo o diario El Progreso. (case coma un pisiño)



A ver ... ¿Non habería máis cousas urxentes no concello?

Os comentarios quedan abertos, coma sempre :)

No hay comentarios: