jueves, 19 de abril de 2012

A ponte do Barral

Os que sexades da mariña, concretamente de Barreiros, e concretamente de Celeiro de Mariñaos saberedes que no Barral existen hoxe en día dúas pontes.

¿DUAS? Si, dúas.

Unha delas é a nova ponte de formigon e aceiro e a outra é unha masa informe de vexetación e fauna ó carón da ponte nova. 

Din certas linguas que a ponte vella era romana, pero de romana non ten nada, aceptable sería pensar que é romanica ( medieval), cousa que explicaría tamén a confusión. De todas maneiras parece ser ( segúndo os panfletos turisticos do concello de Barreiros ) que a ponte data do século XVIII. Sexa como sexa a nosa querída ponte non creo que merecera pasar polas que pasou: unha reconstrucción errónea tras outra que lle foron quitando a alma e a imaxe digna que tiña. Vai por ti vella amiga, vai por ti. 

A pobre da ponte tocoulle ver como lle poñian unha varandilla de aceiro inoxidable, a cubrían de cemento e agora a esquecen ó carón da nova ponte. Había de ser unha ponte ideal para peatons, cun entorno agradable, verde e fresco, no que soñar cos tempos nos que as vacas cruzaban o Masma sobre o seu lombo. Había de ser un lugar fermoso no que mirar pasar troitas nas tardes de domingo, pero nada ... de pouco serve que eu patalexe agora, se os que deberan ter pataleado non o fixeron no seu momento.


[Xa sabedes que agradezo mails e comentarios, eu sei que pasades por aquí, e sei tamén que no voso entorno se ven cousas coma esta, se queredes fagolles un sitio no blog, pero para iso necesito a vosa colaboración. E non, non vale que mo digades pola rúa, eu quero as cousas por escrito, para que logo non haxa queixas ;) ]

No hay comentarios: