sábado, 10 de diciembre de 2011

Bolboreta



Se te tivera que describir, bolboreta dos meus soños, bastaría o brillo dos meus ollos para dar unha imaxe de ti. Se te tivera que describir, bolboreta dos meus amores, só diría que a miña vida enteira foi directa cara ti. E tristemente, por máis que eu fogar che dea sei que voarás sempre lonxe de min. E tristemente, por máis que eu cerque o meu xardín, sei que sempre teréi unha rosa para ti.
Se tivera que non amarte, miña bolboreta de marfil, non sei que me faría falla para non soñarte no meu xardín. Se tivera que non amarte, nin sequera pensarte noutras eiras froridas podería arredarte de min. Miña bolboreta de marfil, que coas súas ás baixo a alborada, sen pronunciar unha soa palabra me di: durme, estou xunto a ti.
bolboreta de marfil, ás dos meus soños, fuches crisalida en min. Se tivera que esquecerte, habían de arricarte de min, se tivera que esquecerte, non sei se sabería vivir. Bolboreta dos meus amores, escorregando entre os petalos do luscofusco, doce esperanza arredate de min máis non me pidas que esqueza o que contigo aprendin. Crecín, medrei, fun outra xunto a ti, entre as flores do meu xardin.
Bolboreta libre de marfil, que corre polo mundo, non sei se pensando en min, sempre teréi unha rosa para ti. Entre as neboas de xaneiro, entre as miñas sabas en abril, as túas ás baixo a alborada son o meu soño máis febril. Quero que volvas e volves, sen pedir, sen esixir. Se eu puidera miña bolboreta, voar coma ti, poderíamos vivir xuntas baixo o sol de maio un día sen fin.
Miña bolboreta preciada, arredate de min, aínda que me falte o alento cando o esquezo veña por ti. Raiña dos meus soños, obrigame a vivir sen pensar en ti ...
[Emilia Maseda]

No hay comentarios: