jueves, 27 de octubre de 2011

A miña palabra favorita: GALEGO


Avelaiña

Non me digades que non é unha palabra fermosa ?
Hoxe en día moitos as chaman polillas, pero non son iso, son avelaiñas, mariposas da noite, case tan bonitas coma as diurnas.
Tiven moitas compañeiras de piso as que lles daban noxo, noxo por que? Son peludiñas e pequeñas, e andan á luz, colgándose de fiestras e persianas e lampadas, como se buscaran incluso compaña nos habitantes da casa.
As avelaiñas tren novas, iso si, que ás veces non son nada boas, sobretodo cando as ás da avelaiñas son negras.
A min gustanme elas, e o seu nome, sonoro coma unha canción outonal ou unha noite estrelada.
Nunca matei ningunha, por se alguen se esta a acordar do post anterior.
E si, notase, non teño ganas de filosofar, literaturear, ou escribir, estou simplemente rendida, iso si, neste estado é cando máis ganas de decir trapalladas teño ou de facer o que fago agora mesmo que é escribir de maneira automática sen darlle moito ás neuronas, sobretodo por que mentras tanto teño o FC e todo quisque me esta a contar penas de amore, aer que fixen eu mes señores para ser aquí unha conselleira sentimental??? Que conste que son bos amigos e que me agrada que veñan cos seus contos, pero que lle hei dicir salvo o que todos na súa vida escoitaron polo menos unha vez: o amor é unha merda.
Non sei quen sería o filosofo que deu tal sentencia, pero non me vou a meter a dar argumentos en contra. E senon que lle pregunten ó amigo de Goethe, e ó xove Werther. Claro que iso de matarse por unha merda …, non o vexo eu moi claro. O máximo que lles poido dicir e que se a bombilla che queima as ás, é mellor irse. Ou non?
En fin amiguiños,

Non queimedelas ás ( sexa en forma de Avelaiña ou imitando a Dédalo), sede o mellor da humanidade, e sobretodo: comede castañas, que eu non poido!

No hay comentarios: