Van desaparecendo paseniño os xornais en galego, vanse quedando no formato dixital, non por ser vangardistas, se non por falta de presuposto para facerse tanxibles. En parte temola culpa os lectores coma min, que seguimos fieis a outras publicacions ainda que non nos convenza en moitos casos o contido. Por exemplo ese periodico de tirada galega que preseume de publicar relatos de veran todos os dias xunto con un capitulo dunha novela por entregas.
Non sei como estan a publicar os relatos na edicion impresa, pero na dixital é imposible saber que relato pertence a cada categoria ( hai duas, para menores de 15 e para maiores), e xa me ten pasado de pensar que algun relato era da primeira categoria ata que vin a foto do autor ...
E logo esta a novela por entregas. Nunca fun moi adicta a eles, levo verans e verans propoñendome seguilas e nada, non o consigo, leo un capitulo chego ó final e inundame unha senscion de vacio xeadora: non me interesa o que pasara no seguinte capitulo. Iso é grave, unha novela por entregas ten que ser como unha telenovela, facer interesante cada liña, ata chegar ó final e deixar ó lector coa mel nos labios. Iso é dificil facelo, eu non sería capaz, recoñezoo. Pero que como escritora non o logre non quere dicir que como lectora non poida esixir experimentar un extase incimpleto no final que me obrigue a comprar o periodico o dia seguinte. Hay que ver máis doramas coreanos amigos!!!
Respecto á novela actual non me parece orixinal. Parecese demasiado a anterior, non sei se é por que é a liña que intenta seguir la voz de Galicia ou por que uns autores se van inspirando noutros. A min parecenme novelas escuras, en canto a linguaxe literaria, que tentando non pasarse do limite imposto perxudican a historia convertendoa nun libreto para guion de cine. Vos diredes: é verán e é unha novela por entegas, non poden facer un novo quixote. e eu respondovos: Scherlock Holms e o Conde de Montecristo eran tamen novelas por entregas e non por iso descoidaban os detalles.
En fin ... ahi o deixo. Non volverei a queixarme. Simplemente deixarei de lelo. Polo menos a novela esta en Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario