miércoles, 24 de noviembre de 2010

Se te casas cunha latina a tua vida sera unha telenovela ...

pertencelle a un dos meus compis de piso …
Non lle falta razón, pareceme.
Falando de telenovelas [tranquilos non vou disertar a cerca de The Mentalist, só direi que Simon Baker como director non é nada malo e que todos odiamos a Kristina Frey] … deume por rever “Betty la fea”. [Tomade aire e ridevos a gusto de min antes de seguir lendo]

Primeiro deume por ver os catro capitulos máis importantes da novela. Si señores, toda telenovela se resume en non máis de media ducia de capitulos. Logo decateime dos momentazos que había espallados polo resto de capitulos e hoxe acabei por tragar uns cantos, poñendoa como musica de fondo para estudiar. Mellor por algo coñecido que escoitar a radio e perder cousas interesantes, non si?

Os que me tedes no facebook veríades hai uns días un video de Betty la fea no museo nacional de Bogotá. A analise de Picasso dende un punto de vista telenovelesco non ten desperdicio. “Tivo moitas amantes, amounas a todas, sufriunas, pintounas”. Direivos a vos, mulleres deste planeta, que non deixedes que ninguén vos trate como Picasso trataba ás súas mulleres, nin anque sexa un artista reputado. As licencias artisticas, queden na súa arte, ser artista extravangante non é excusa. Caracter musas!

¿Onde atopamos o éxito da novela? Segundo min, na evolución progresiva das personaxes principais. Armando é Betty evolucionan de tal xeito que no ultimo capitulo son o complemento perfecto un do outro. E de todos é sabido que é a “evolución” o que permite que un lector/espectador se enganche á serie. Diredes: mentira, sabemos dende o principio como ten que acabar a cousa. A evolución deles esta suxeita ó final que se persegue. Pois non é certo ¿A caso a Betty final non é consecuencia da súa accidentada vida amorosa? ¿A caso o Armando final non é a consecuencia do remordemento e o perdón? Se nos puxeramos a discutir isto acabaríamos ceando cos bizantinos. Por outra banda, atrapar a un publico que xa coñece o final, tamén ten merito, ¿ou non?
Armando. Páreme máis interesante que Betty, en tanto que esta cumple os esquemas reglamentarios do clásico patiño feo e o noso “Doutor” queda un chisco máis libre de certos tópicos. A Armando o energúmeno habería que chamalo “besta”. A infamia que comete contra Betty basta para aclarar o calificativo, non si? Mullereiro, vividor, pero co firme propósito de sentar cabeza, contrata a Betty por que necesita a alguén competente ó seu carón (en realidade hai outros cantos motivos ó carón pero podemos consideralos secundarios). Logo, en principio parece que sabe mirar máis alá do físico. En principio. Iso é bo de Armando, descubrimolo co paso do tempo, so sabemos do que é capaz conforme avanzan os capítulos. E ademáis, os remordementos non comezan despois do dano, senon que comenzan con el. Iso faino máis humano, e por outra banda, máis aborrecible. ¿Pero porque nos gusta Armando? O energúmeno, mullereiro, mentireiro e traidor. Velaqui una arma máis do escritor/director, a busca dun espello, a busca da empatía. Betty é o espello de “case toda muller”, non quero dicir con isto que todas nos sintamos feas, pero o certo é que, coma case todas as persoas ( supoño que ó xenero masculino lle pasara o mesmo) gustanos que nos transmitan seguridade ( por moi seguras que nos sintamos de nos mesmas). É que no fondo, somos animais gregarios que necesitamos dos outros. Armando, a pesar de todo, esperta o sentimento de seguridade en Betty e, á vez nas espectadoras. As segundas saben que están a ser enganadas, e Betty sospeitao tamén, pero a maxia amorosa faille esquecer tanto a Betty como ás espectadoras todo iso. No fondo, os momentos a soas entre os protagonistas, teñen un alo de realidade que se extende ó publico. Non só Betty é a enganada, temén o espectador. Aquí comeza o gran enredo. Chega un momento no que non se pode distinguir se as palabras de Armando son certas ou falsas. A fereza coa que defende a Betty no traballo e a tenrura coa que apela ó seu amor fannos de novo esquecelo engano. As noites que comezan cun “debes de seguila, debes de namorala” terminan cun“Betty … mi Betty”.
A historia cambiou un chisco nos últimos anos. Temos versión alemana, sueca, mexicana e española. E ninguna é tan boa coma a orixinal. Máis existe una versión Americana que merece a pena comentar. Os estadounidenses adaptan a historia a situación propia do seu país, o que semella un punto a favor para chegar ó éxito. Non a seguin de todo asique non me poico meter en profundidade. [ATENCION SPOILER] Pero o final cambia, a ensinanza non é que se pode amar a una fea, que se pode cambiar ( interior e exteriormente) é que o amor prevalece. A ensinanza é outra. A ensinanza é que una muller normal, dun barrio normal e dun colectivo non pertencente ó país, pode sair a diante e triunfar con esforzó, ser muller triunfadora, de éxito e sen depender de ningún home. Sen deberlle ese existo demasiado a un home. Mentras a nosa Betty, tras perdoar a Armando, sentía que todo llo debía a el, a Betty americana parece que non. Certo é tamén que nin Xefe nin empregada mantuveron ninguna relación, e certo é que o carácter da serie é máis americano, no senso en que corre en paralelo a outras como CSI, Bones. Busca un publico e faino seguidor non ata un final senon durante tempadas e tempadas e tempadas ( esperade a que descubran pratos convinados e xa veredes a que se monta!)
¿Cambiou a historia por que a adaptaron o estilo americano das series ou por que ó mundo capitalista non lle interesan estas historias de amor? ¿Será cousa desta sociedade liquida? [siiiii que pasa … Bauman é o meu punto de retorno últimamente]

“BETTY USTED ES LA MUJER QUE NECESITO

No hay comentarios: