Queridos Reis Magos:
Este ano non nos portamos moi ben, e pareceme que tampouco temos moitas ganas de mellorar, pero como sodes uns homes comprensivos ( ata que alguen decida incluirvos unha muller na comitiva, por iso da igualdade e tal … ) penso que non perdo nada por mandarvos unha sinxela cartiña con algunha que outra petición de ultima hora. De tódolos xeitos, son consciente das vosas limitacións, e da ambicións dalguns dos meus rogos.
1. Gústariame que as incoacións BIC serviran para algo de verdade, non só para que se respetara o patrimonio senon tamén para evitar a deterioración do mesmo. Como sodes magos supoño que xa sabedes que me refiro a Torre dos Moreno con isto.
2. Non estaría da máis que nos trouxerades un chisco de conciencia ecoloxica. Se non tedes para todos conformome con que lla deades ós politicos, para que non se repita o desastre de Copenague.
3. Un chisco de iluminación para os señores que deciden a quen lle dan o Nobel.
4. Unhas cantas lanternas para que os estudiantes de Historia da Arte deixemos de velo futuro tan negro.
5. Encantaríame que a lingua deixase de ser arma politica. Pero iso é imposible asíque conformome con que non nos mareen máis e se tomen decisións coherentes que protexan, valoren e potencien o uso do galego, como lingua minoritaria e minorizada e que se abra unha camiño de respeto cara todo idioma.
6. En caso de que non quede máis remedio que meter un terzo de ingles nos estudos, espero que gocemos dos medios necesarios para facelos e con iso refirome non só a profesores capacitados, aulas adaptadas senon tamén a unha metodoloxía que potencie o aprendizaxe autónomo en tódolos ambitos do saber.
7. Que o estado financie máis á Universidade. Ou polo menos que o mundo saiba que a Universidade non pide por pedir. Non nos esquezamos de que estamos adaptandonos ó famoso Bolonia e iso non o podemos facer a custo 0.
8. Que non se repitan máis booms imboliriarios en ningun outro lugar ... ( que sei dalgun por lares do norte).
9. Que certos concellos deixen de inventar leis de convivencia civica propios doustros reximenes politicos.
10. Que as televisión privadas deixen de meter publicidade durante as emisións, e refirome, non ós cortes publicitarios, senon a cando de golpe os presentadores se poñen a falar de certa marca e a loala mentras un minusculo carteliño a veces invisible nos avisa de que estamos ante un parentese ( por non dicir Kit-kat) publicitario ...
Sinto a extensión e a ambición da carta pero se non é moito pedir gustariame que a xente que a lea, amigos, coñecidos, lectores fixos e ocasionais, xente que só pasaba por aqui, incluira algunha petición, demanda ou esperanza. Esta é unha carta aberta a todos vos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario