Ava pensaba nel, naquel longo tempo de ausencia. Botaba de menos as súas visitas máis non lle gardaba rencor algun, sabía que cando traballaba nun novo proxecto o mundo desaparecía da súa vida … e ela desaparecía co mundo …
Entrou de novo á biblioteca, había de seguir estudando xunto a Vega. O tempo pasou rápido entre as follas dos libros de historia e filosofía e volveu á casa polo camiño do mar, deixando que os datos lidos e retidos se abaneasen sobre a escuma do oceano.
Cando chegou á casa encontrou unha agradable sorpresa esperandoa …- que fas aquí? Deduzo que acabachelo teu relato …- Deduces mal Ava, levo días sen durmir, non son capaz de desfacerme dela …- De quen ?- Dunha nova meiga …
Ava soriu. Sabia de sobra que el non podía evitar pensar en meigas, feiticeiras, bruxas, curuxas e demais maruxas. E sabía tamén que en cada nova historia el tentaba arredalas das súas letras pero nunca o conseguia, sempre caia algunha nas súas redes de tinta e quedaba sabíamente envolta polas sedas literarias … cada historia era unha nova batalla. Pero desta vez había algo diferente, el regresaba ó mundo, a buscala a ela … meiga tanxible, feiticeira de corazons, como el mesmo lle tiña chamado nalgunha ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario