jueves, 21 de marzo de 2013

Xa non hai excusa ...

... para non saber nada do patrimonio que nos rodea, ou polo menos do lucense e mariñano.

Así por exemplo, no blog de A Mariña Patrimonio podemos ver que novos xacementos son declarados ou resultaron danados nos últimos tempos. Polo que vin nas noticias publicadas a súa labor (non sei se adrede ou non) céntrase na cultura castrexa e romana da comarca da Mariña.

Pero, evidentemente, o Patrimonio non só é pedra e castros, o patrimonio tamén pode ser inmaterial (lendas, contos, cantares, bailes, xogos populares ... ) e para iso tempos a Galicia Encantada, cóntandonos dende hai moito que seres máxicos pululan pola nosa Comunidade Autónoma.

Quen ten moi claro que o patrimonio é tanto material como inmaterial e Lugo Patrimonio, quen ademáis sabe que o patrimonio morto, non vale nada, que o que hay que facer é vivílo.

Sen embargo, como dixen antes, patrimonio non son só pedras (nin contos, nin cantigas, ...), tamén é o entorno natual no que nos movemos e por iso asociacións como Adega ou Furapresas, vixian a saúde (moi mala, por certo) dos nosos ríos.

A todas elas, dende aquí, o meu agradecemento á súa labor, e o meu ofrecemento de colaboración (si, que pasa, intento non ter que pagar cuotas de socio mediante os meus servicios intelectuaís ... Cousas de estudiantes).

Iso si, labores coma estas non serven de nada se non se divulga, mostra, ensina e educa ( igual que un museo non serve de nada se ó saír non se nos quedou nada na alma, aínda que só sexa espanto por algunhas obras.

No hay comentarios: