martes, 11 de octubre de 2011

Coleccións macabras?

Existen moitas clases de coleccionismo. Tantas como cousas para coleccionar hai. Xen ir máis lonxe eu colecciono sobres de azúcre baldeiros (periglicofilia) pero hai xente que os colecciona cheos (glicofilia). Teño unha coñecida que colecciona dedais, un amigo que colecciona minibotellas de licores, miña nai coleccionaba caixiñas de cerillas e pins ( pero xa o deixou). Quen ten cartos pódese permitir coleccionar arte (Tyssen), mobles antigos, ou altacostura (Carmen Lomana). Outros chegan a ter máis de 200 máquiniñas da marca Apple, 3.000 dispensarios de caramelos Pez, 4.000 bonecos de Papa Noel …
Pero entre todas estas coleccións extravagantes quero destacar as adicadas á morte. E non me refiero a aqueles coleccionistas macabro-pijos que coleccionan caveiras, serpes e demáis cousas de ultratumba. Refírome ás persoas normáis que miran día a día as necrolóxicas dos periódicos en busca de esquelas entre divertidas e diferentes.
Quen sexa asiduo destas paxinas, coma min, decataríase de que nos consome unha gran falta de imaxinación. Por suposto, os momentos nos que se escribe unha esquela non son os axeitados para darlle creatividade ó anuncio, pero entre a falta de creatividade e a rudimentaria industrialización de algo que debería ser tan persoal coma unha invitación de boda hai un abismo.
Os D.E.P sustituirón ós R.I.P, cousa que xa lle quita glamour ó asunto. E as familias dos defuntos demostran o seu pesar nunha frase tan fría coma seca “rezan un Pai noso pola súa alma”. As marxes das esquelas son negros, e o encabezado leva sempre unha cruz. A cor non debe entrar e a máxima información que se pode extraer do anuncio é vanal: hora do enterro, idade, ano de nacemento, familia cercana, e por suposto alcume. De feito moitos estudos sobre os antropónimos ( nomes e alcumes) estan feito sobre as necrolóxicas.
No País veciño (Portugal) as esquelas seguen o mesmo esquema que as galegas pero engaden unha foto do defunto. En Alemaña van máis alá: as esquelas soen abrirse cun verso que reflicta o pesar da familia, as vivencias do falecido ou ámbalas dúas cousas. Por suposto escasean as cruces (aínda que iso depende da confesión do defunto), extráense as mesas cousas practicas que se extraen das nosas ( data de nacemento e morte, nome, ás veces alcume, e familia máis achegada). O negro esta práciticamente desterrado e o noso formato clásico (marxe negra e fondo branco) engade no fondo unha imaxe outonal, maritima, unha foto do falecido ou unha imaxe do seu hobbie favorito. Os anxiños, que teñen tamén cabida no reino dos ceos non quedan sen a súa esquela, viviran meses ou horas, ou non viviran (considerase que a esquela así como a foto post-morten ou antes desa morte pode axudar ós pais a superar máis rapidamente a perda, xa tratarémo-lo tema ...). As esquelas ás veces escribenas amigos do falecido, sendo as máis emotivas as de xente nova, nas que a veces se poden ler cousas coma: eh tio, fucheste rápido pero tranqui, que xa nos veremos … As esquelas dos ancians soén encabezarse cun: eu que vivin plenamente, xa estaba canso, funme á miña hora. Parece pois que a tendencia dos ultimos anos en Alemaña é a de celebrar o bo da vida dos que se foron, coma se fose esa unha ultima invitación do defunto a que os que se queden non o esquezan e vivan plenamente o que el non puido.
Así cerro esta primeira parte adicada ás esquelas coa frase que os visitantes do Museum für Sepulkral Kultur de Kassel poden ler ó saír pola porta: leben Sie voll [viva vostede plenamente, ou mellor dito: vivan vostedes a tope!] .

Próximo capitulo: Os recordos post-morten como a xoieria de cabelo humano, ramos de flores secas dos anxiños (seguramente alguen ten algo parecido pola casa, direivos que podedes facer con el), fotografia post-morten, conservación dos recordos).

No hay comentarios: