sábado, 6 de julio de 2013

VLOGGERS!

Estimada xentiña miña, levo unha tempada de grande seca intelectual para este blog. Direivos que teño un novo Lady Caverna. Un intento de ser máis profesional cos post, máis … histórico artística, máis científica. Que conste que está en castelán por motivos académicos (é dicir, que unha aproveita escritos de clase para postear, de ningunha maneira, por se alguén o esta a pensar, considero que o castelán sex amáis científico). Espero nestas breves vacación retomar este blog dandolle un lavadiño de cara. O primeiro deixar de mesturar idiomas. Este blog será exclusivamente en galego. 

Plantexeime tamén abrir un vlog parello ( xa sabedes, unha canle de youtube), dada a falta de vidobloggers en galego. Sorprendemente hoxe cando me puxen a indagar descubrin cousas bastante insteresantes. Fai uns meses houbo unha iniciativa de facer videos en galego para aumentar a súa presencia en youtube, isto xerou a creación de algunha canle específicamente en galego, como por exemplo Dálle á lingua, e videos tan entrañables coma este:



 Bloggers galegos populares son por exemplo Xeralmar (adorable … ainda que me fale poquiño en galego).

Xa veremos que pasa, iso si, se credes que o do Vlog é unha boa idea deixademe comentarios de apoio :D, e máis se estades dispostos a axudar tamén :D. 

No hay comentarios: