sábado, 24 de noviembre de 2012

Dor de cabeza


Hai dous tipos de persoas neste mundo:
-          Os que apanpan e babexan diante de calquera obra de arte de hoxe en día
-          Os que acaban con dor de miolos tras pensar ¿é arte?

Hai pouco unha profesora miña dixo que a verdadeira mensaxe da arte contemporánea era esa propia reflexión sobre si mesma: ¿son arte ou non son arte?
A min pareceme un pouco absurdo, ainda que poida ser que as miñas capacidades intelectuais non sexan tan elevadas como as doutros. A verdade é que non me imaxino á literatura reflexionado sobre se ela mesma é literatura, se isto fora así un poema sería unha novela e unha novela un conto e un conto sabe Deus qué.  E no contemporáneo unha escultura pode ser unha pintura e viceversa … Estoume a marear eu soiña de só pensalo.
Cinco anos de carreira é ainda non temos claro o que é a arte … manda … 

No hay comentarios: