viernes, 2 de noviembre de 2012

Cocinando con Mel III: Receitas do Samaín

As castañas son o froito por excelencia desta terra nesta época, hubo antano toda unha economía de subsistencia entorno a este producto que pasou de ser o rei da cociña a un mero antollo invernal.

As castañas polo que parece só se poden degostar asadas e non é certo. Cocidas, en crema, con chocolate, azucre, e outras variantes disque tamén estan ricas. Eu pola miña parte só as probei en magosto (asadas en plancha e tambor) e cocidas con abando sal polo que teño pendente probar varias receitas máis, entre elas o caldo preamericano, é dicir, o caldo de castañas ( tal e como se facia antes da importación das patacas).

Aquí vos deixo una lista de receitas para castañas:

1. Asadas

2. Cocidas en auga con abundante sal.

3. Cocidas en auga con sal e logo pisadas en leite ( disque os hai que lles botan azucre tamén ... e ... que tal lle quedaria a canela?)

4. Zamelos: collar de castañas cocidas sen pelar que as nenas levaban colgados do colo ou o brazo e comian ó recreo.

5. Crema de castañas.

6. Pastel de castañas.

7. Pito con castañas. 

8. Licor de castañas. 

1 comentario:

teixeira dijo...

6 diffeAs castañas tan boisimas, fritas.
Pos aceite de oliva nunha sarten, abundante, ben quente, botas as castañas peladas, (non fai falla quitarlle a carapela de dentro soltase o fritir) añadeslles sal remobeslas hasta que ten doradiñas, quitaslas do aceite, e botaslas nun plato que teña un pouco de sal fina. como entrante,fantastico. Que aproveite.