Vamos adicarlle un anaquiño de Blog a esas persoas das que escoitamos falar unha vez e que non puidemos deixar de admirar ainda que a súa fazaña fora máis grande que un gran de area.
Carpinteiros de taller
Fausto Longarela Rodríguez
Vilamar
Galicia, e A Mariña en concreto, son terras moi dadas a un dos meus oficios favoritos: o de carpinteiro. Carpinteiro é todo aquel que traballa a madeira, pero non todos o fan da mesma maneira, e por iso Xoaquin Lorenzo os clasifica en seis grandes grupos nos que o ebanista se destaca como a nobreza dos carpinteiros.
1. Carpinteiro de armar.
2. Fraguadores ( constructores de carros )
3. Selleiros ( para sellas )
4. Carpinteiros de ribeira (barcos)
5. Torneiros ( traballan o torno )
6. Carpinteiros de taller ( nos que se incluen os ebanistas e os torneiros )
Coma neta de ebanista estou ben familiarizada coas ferramentas, e coma bisneta de zoqueiro levo agora mesmo nos pes uns zocos para telos quentiños a falta do meu calzado de inverno ( que o teño todo na miña cidade universitaria ... si, así vos son eu de pouco precabida).
En fin, o carpinteiro é ese home que fai cousas para darlle de comer á familia e tamén á couza e que pode traballar por el ou ter un taller. Nun taller aprendeu meu avo, concretamente no taller de Fausto de Teixeiro. A Fausto coñecino cando comecei a carreira, funo entrevistar para un traballo sobre ebanistería na zona, e con el coñecin un chisco máis a meu avo. Contoume as súas aventuras de mozo e deixoume os seus "libros de estilo" do taller para ver. Alí, entre aqueles papeis marelentos, descubrín que a cama de meus avos, feita naquel taller, era de estilo cubista. Cubista tamén é unha alacena da casa dunha veciña, e xuraría que a devantita saiu dese taller de Fausto. Sempre me esquezo de preguntarlle á dona. Agora sempre que entro nunha casa ando a catalogar na cabeza os mobres para saber de onde sairon.
Orgullo do taller foi un xogo de habitación de estilo isabelino que anda perdido polo Val, e orgullo do taller son as cruces das misións da igrexa de San Xulian de Cabarcos, que loitan aínda rabudas contra a polilla e a humidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario