jueves, 28 de junio de 2012

Dallas

A cafetería Dallas de Foz é un dos meus chuviosos recordos de infancia. Cando ía ó cine, se chovía e aínda era cedo, miña nai e eu iamos á cafeteria en fronte do cine "Unos Pequenete" ( Cando era pequena lia a abreviatura Hnos. como Unos ... sen Atila de por medio), a Dallas, e eu ás veces levaba na man un puñadiño de regalices vermellos. Poucas veces estiven alí pero recordoa con cariño, e doome cada vez que paso por esa rúa, miro o letreiro e busco enfronte a fachada dos cines Pequenete, hoxe un gran oco valeiro que serve de endiañado aparcamento municipal.

Non sei quenes son os donos, senon adicarialles este post, así ante a miña ignorancia adicareille o post a Dallas, a cafeteria, á Dallas de Sue Ellen ( que tamén é un recordo de infancia), é as sillas cantilever de Breuer coas que conta a cafetería focense. 

No hay comentarios: