martes, 14 de febrero de 2012

Regalar sorrisos.

Recordo a unha muller, non sei se namorada ou non, supoñamos que si, que un día normal, frío é húmido como calquer día de febreiro ahi polo que chaman norte e aqui polo que chaman sur, chegou á casa cun caravel vermello na man e un sorriso tan radiante e cálido que parecía xuño.
E recordo o caravel murchando ós poucos, baixo a aínda visible luz do seu sorriso. E recordo o caravel xa murcho, e o seu sorriso de verán con tan só recordalo.

A iso, un caravel vermello mercado de improviso, vos chamaredelles improvisación e "cutrerio" eu, amigos, chámolle regalo: un sorriso.

No hay comentarios: