domingo, 16 de octubre de 2011

Integración mindoniense

As San Lucas son sinónimo de Pulpo ( por esta casa sempre se dixo pulpo asique desculpádeme por non usar o nome reglamentario), cabalos, castañas, paraugas, e xente para riba e para baixo que te sauda ou non te sauda ou te recoñece ou te recoñece tarde. Sen embargo vense dando dende hay un tempo un fenómeno interesante que ten como foco o cemiterio vello.
É visita obrigada pasar polo cemiterio no que descansan ilustes coma Don Alvaro Cunqueiro ou Don Pascual Veiga. Nun enclave interesante ( Case á entrada de Mondoñedo) o Cemiterio Vello, construido en terrazas e vixiado polo Mosteiro dos Picos, é un exemplo de cemiterio de finais do XIX e principios do vinte, con rezumes centroeuropeos, pero determinante carácter mediterráneo, hoxe en día convertido nun parque e totalmente integrado á vida diaria do mindoniense.
Os que visitastedes ó cemiterio nestes días, se puxestes a orella, escoitariades como as veces os visitantes xogan a encontrar certas tumbas ( entre elas a de Cunqueiro), un nicho tipo columbarium ( o columbarium é para restos incinerados pero tamén se emprega para describir o tipo de tumba mediterránea, o nicho de parede), e a de Pascual Veiga, un cruceiro cunha gaita e unha lira grabadas no pódium. De interese histórico artístico ha de destacarse o mausoleo neogótico con altar de mármore neoclásico, así como outra tumba ó comezo da segunda terraza na que aparece unha figura veada. Por outra banda, nos nichos columbarium ( non recordo en que terraza) atópase unha placa á sete rribadenses fusilados durante a Guerra Civil, exemplo fermoso e austero do que significa memoria histórica.
Se ademáis de por o oído tamén puxestes a vista, decatariadesvos de que o cemiterio se esta a converter en lugar de botellón. Recordo que ata hai uns anos, eran so as escaleiras das entradas as que se daban a estos menesteres, hoxe sen embargo pódense encontrar botellas de diferentes bebidas ( Red Bull, Bourbon, fanta …) ós pes das tumbas. Certo é que o “red bull” dáche ás, sen embargo non creo que se considere aínda tan efectivo coma unha indulxencia plenaria.
Caen os tabús da sociedade actual, iso non é malo, non en todos os casos. O botellón nun cemiterio-parque só é indecente cando se dan casos de vandalismo: vidrieiras rotas e lápidas. Cousas vistas en Mondoñedo tamén.

No hay comentarios: