domingo, 17 de abril de 2011

Quen te camela a ti ??

Enamorar e namorarse depende da lingua que se fale.



Os franceses caen literalmente namorados en alguen:
J'ai tombe amorouxe de ...

Os alemáns están en alguen namorados.
Ich bin in ... verliebt.

Nos que somos máis directos simplemente namoramos ou namoramonos.
Eu namorei de ...
Yo me enamore de ...

A gran pregunta de todos os tempos é se existe o amor a primeira vista. Eu penso particualarmente que se a expresion existe é por que precisamente se necesitaba usar. Pode que escasas veces suceda con éxito, pero esta claro que para a lingua sucede, e os falantes son os que moldean a lingua.
Nos namoramos a primeira vita. Cousa bastante significativa que nos di subliminalmente que a primeira impresión conta, e conta moito. Os frances pola contra din que recibiron un "coup de fou", é dicir, un golpe de lume ( literalmente) ou un raio ( traducción correcta). Expresion maís poetica e esperanzadora para o meu gusto, por que un coup de fou ven pola vista, pero non só ...
Ás veces confiamos máis en Cupido e dicimos que "tivemos un frechazo". De feito en sudamerica moitas veces dicen: "ese rapaz frechoume". Eu prefiro a version galega de "cameloume", que implica tempo, paciencia e traballo. "Camelachesme" soa a doce reproche, e de feito o verbo "camelar" non deixa de tes certo sentido escuro, no que un dos amantes parece aproveitarse doutro.
Os alemáns, coma nos, falan tamen deso de "Liebe auf den ersten Blick"ou "plötliches verlieben" (amar bruscamente/repentinamente) Desesperanzador tamén para unha lingua tan literal como o alemán...
E os alemáns son sinceros tamén, e tan sinceros son que iso de "amor cego" entendeno como "Affenliebe" (según o traductor Leo), amor de simio ... que romántico!

1 comentario:

Gloria González García dijo...

querida Melodi, acabo de descubrir esto, excelente ;****** te echamos de menos, y parece que ya nunca vas a volver!! un abrazo fuerte (: