martes, 25 de enero de 2011

Belezas da historia I: Sig e Leo

Pasaba por aqui, un blog irmán e ía deixar un comentario, pero como estaba a quedar un pouco epistolario pareceume mellor adicarlle un post. Tocastesme a vea artistico-cientifica, e iso évos de agradecer, sobretodo tendo en conta como me van dexenarando ultimamente os temas. Non hay nada novo baixo o sol, e non hay nada novo neste blog. Por outro lado, dado que hai tres blogues irmás, ben podíamos comunicarnos máis, dende logo iso é o máis divertido dun blog: a inmediatez e a comunicación, que neste caso debera ser a dúas bandas, vos e eu, eu e vos ( meus queridos blogueiros, internautas, profes do Dionisio, alumnos, familiares, xente que cae aqui despistada … )

Durante os ultimos tempos ( semanas) asistimos a diversas noticias relacionadas coa que foi unha das mulleres mías fermosas do planeta. Si, amigos, a Gioconda foi un icono de beleza, de pel suave, ollos intigrantes, rostro sereo, escote insinuante e xesto virtuoso.

Disque un escaner mostrou dentro das suas pupilas unha series de letras ou numeros que estan a investigar. Eu máis ben creo que cando un se obsesiona cun codigo oculto, acaba atopandoo, na realidade ou no maxin. Agora piden a exhumacion do grande Leonardo para examinar a súa caveira e determinar se se puido tratar dun retrato do mesmo como muller. Para iso esgrimen a posible homoxesualidade do mestre. Cientificamente hemos dir ás fontes de dita teoria: Freud e a súa obra “Recodo infantil de Leonardo da Vinci” que á súa vez se basea nunha novela biográfica adicada ó florentino. Freud, xa bastante revasado, pero ó que non podemos negarlle a influencia que tivo no século XX, comete, para comezar, un erro: non ir á fonte máis directa, Giorgio Vasari; senon quedarse coas palabras dun novelista de segunda fila. E todo o mundo que le, e todo o mundo que escribe sabe que moitas veces as persoaxes ( historicas ou non) acaban levando matices do propio caracter do lector/autor en tanto que, como seres empáticos, describimos aquelo que mellor coñecemos ou imaxinamos [Pero estas son outras teorias dignas doutra análise].

En fin, se Leonardo era homosexual ou non, puido ser un factor de creación pero non a explicación completa. Leonardo é un idividuo, singular, si, pero forma parte dun entorno: o século XV italiano. Concretamente á segunda métade, é dicir, viviu na época do Renacemento clasicista ( e matizo clasicista, por que contemporaneo a el foi Miguel Anxo, mestre do renacemento manierista). A divina proporción, o número aureo volveu ver a luz tras un periodo no que as artes plásticas eran belas en canto expresión divina, que non natural. O corpo humano foi o centro de tódalas miradas, tanto cientificas coma artísticas e a beleza entendeuse en termos gregos: de perfección e serenidade. A inexpresividade ou pasividade do rostro de dona Gioconda é perfectamente comprensible en termos clasicistas. Os xestos de dor e alegría contraen a faciana e apartan a armonia das proporcións, deformannos, e isto non o digo no nome da historia da teoria da arte senon simplemente no nome da rosa .

Por outra parte a medidados do século XV aparecen as primeiras Korai gregas. As Korai (rapaza) eran estatuas votivas feitas en pedra ou madeira de marcado caracter hieratico ( Atencion estudantes de historia da arte: non hai examen de arte clasico que se aprove sen usar a palabra hieratico ou hieratismo), ollos amendoados e posición ríxida. En xeral, ditas caracteristicas recordan tamén as da arte exipcia. Pero … que teñen que ver as Korai coa Mona Lisa? Facil: o soriso. Ese sorriso entre tranquilizador e inquedante, non o inventou Leo, inventarono os gregos arcaicos. E que me dicides do sorriso etrusco? Non, non é un libro nin unha peli ( que tamén), o sorriso estrusco existe. ( ollo, falo del pero non sei de certo que no XV se coñeceran os sarcofagos etruscos, supoño que si)

E ata aquí a pequena e repetitiva clase de arte. Sobre unha das belezas da historia.

P.D. LEONARDO DA VINCI NON INVENTOU O SFUMATO ( nin ía por ahi fumado …) FORON OS PINTORES FLAMENCOS, que xa coñecían a técnica do óleo e o sfumato e que o usaban para facer paisaxes. Leonardo só o perfeccionou levandoo in extremis. Basta ver que só o rostro de Mona Lisa un pouco máis de trinta capas tránslucidas de pintura ( veladuras) que permiten un tránsito imperceptible entre a luz e a sombra.

No hay comentarios: