... Cando eu era blogueira ...
E refirome a cando era blogeira de verdade, cando me preocupaba realmente dun tema concreto, cando quería ( e sigo querendo) recibir mensaxes do outro lado do ciberespazo ... Cando eu era blogueira diaria e non como agora, blogueira afeccionada que escribe de vez en cando, sen links, sen fotos e sen prestar demasiada atención á forma [ fun dexenerando e iso non mo podedes negar por que ata o vexo eu] ...
Pois cando eu era blogueira e paseba por lo blogomillo teñome atopado moitas veces cun toupo que fuzaba e que fuzaba, cun listo que todo o sabía ... E agora, hoxe mesmo, batin de fuciños co blogue de Carmen Porter "A nave da moda" ... sorprende non? Misterio, moda e ciberespazo ... cando eu era blogueira eran os blog os que dominaban a informacion ... hoxe caeu sobre nos wikileaks. Como de fiable, ou imparcial pode ser esa fonte ?
Se eu fora blogueira de verdade, contaríavos máis veces como é pasear por estas terras xeadas, e falar idiomas xeados ... viva DEUTSCHLAND !
No hay comentarios:
Publicar un comentario