domingo, 28 de noviembre de 2010

Encantada

Seguimos cos contos de fadas. Comecei por Betty la fea, continuei por Frau Holle e agora caio na tentacion de Encantada. Estabana a botar na tele alemana asique cain na tentacion pero deixeina á medias por empalagamento…

O certo é que ser pasteleiro é dificil, ás veces non se miden ben as cantidades de ingredientes e logo pasan estas cousas …

Demasiado azucre: princesa loira tonta que canta e é amiga dos animais, principe forte e valeroso que queda prendado da súa voz e galan Hollywoodiense. Ardilla chistosa, maza envelenada …
A dysney foiselle a man convinando os seus tipicos elementos. E ainda así a peli foi exitosa. Será que os nenos non entenden destas cousas … Pero maxia de Dysney non se atopou nunca tan só en conseguir arrincarlle sorisos ós máis pequenos. Dysney tamén ten enmeigado ós maiores. Se non fora así eu non hubera ido ó cine a Bela e a Besta, nin me houbera namorado dun deshollinador … Si señores, son cinefila ( de cuarta fila pero cinefila) por culpa de A Bela e a Besta, e sintome orgullosa diso e de cambiar as palomitas por las barras de regaliz vermello.
Do que non me sinto orgullosa é da imaxe que lles acabo de transmitir ós meus compañeiros de piso: reputados xoves intelectuais alemáns. Pero eu ben o expliquei: isto tamén é arte, e eu estudio arte ( ausrede!, que dirían eles)

Pareceme que logo dos tres ultimos exemplos dados no blog estamos en situación de facer unha analise critica dos contos de fada hoxe en día. Ou non, quizáis debermos mentar antes tamén a Tiana e o Sapo. A simple comparación entre as princesas de sempre e ela deberanos dar a resposta … Ainda que iso si, Dysney tamén nos deu outro arquetipos como a muller-ensinante (Pocahontas), cuxa replica exacta en esencia atopamos en Avatar, Jasmin ( a miña favorita) que non se queda a espera no palacio, Mulan ( que ata se pode atopar nos cantares de cego españois) …

Pode que o patron Dysney ó final non sexa tan malo … é certo, pola súa culpa todas cremos que un día chamaran á porta e aparecerá o principe azul. Pero por outro lado somos Tianas, Jasmines e Pocahontas …
E xa postos … algo que comentar pola vosa parte con respecto a “Embrujada”??? Estoulle a ver máis sustancia que a un caldo de galiña …

No hay comentarios: