[Artigo do meu outro blog: a prosa como motivo ... das letras ás ideas]
En fin, isto era un blog postselectividade tamén … dende logo, darlle un blog a unha tola … non sei a quen se lle ocorreu. A última das miñas perdas de cordura levoume a meter os narices no mundo “Erasmus”, beca á que garimosamente se lle da outro nome que non menciono aquí por estarmos en terreo “escolar”… ademais, apelando á vosa inteligencia, supoño, é máis, estou segura de que xa vos rolda algo pola cabeza …
Cando me tocou explorar os mercados laborais da Unión Europea xa me puxen bastante pesadita, coido. E coido tamén que vos decatastes de que sen sair do pais son unha deles, pero na modalidade tranquila e asenta, a pesares dos meus padecementos mentais …
Por estatistica os destinos favoritos dos estudantes español son os mediterraneos, concretamente Italia, que nos ten a todos fascinados coa súa longa historia ( a min, certamente, xa me sae Italia polas orellas, e aínda que considero que é necesario ir e ver e sentir aquela terra como o foi case obligatorio facelo a partires de finais do XVII – recordense as becas que a Academia de Belas Artes de Paris concedia bienalmente para estudar na academia francesa de Roma - atraenme outros lares máis fríos quizais, máis afastados da romanidade que arrastramos, esas terras bárbaras dos que ata agora atopei poucos namorados, exceptuando unha vinkinga de fala asturiana criada en irlanda con acento britanico e dúas mozas de xermanos …). Finlandia soa máis exótico, mistico, e atrainte se cadra, coa avantaxe de que alí todos falan ingles e fines ( e que ninguen pense que o desprezan, é máis empregano, usano con agarimo, comprendendo a dificultade do seu idioma e facilitandolle a vida ós recen chegados), Suomi ( Finlandia) é fría e escura, a min semellame deprimente, disque tamén é alcoholica, pero un non a esquece facilmente, é cando en Oviedo neva pensa “é como regresar á Suomi” ... ( unha cousa a ter en conta cos fineses: son uns cuadriculados no sentido de “non improvisación” “non arranxar as cousas á española”).
Que hei dicir da xermania que non dixera xa ? disque son fríos, pouco amables, uns cuadriculados mentais, que non viven, só traballan ... Dos que levo coñecido podo dicir que é falso, se ben é certo que o estudante Erasmus tende a estar libre de tópicos ( no senso estricto da palabra). Son doces e calmos, é imposible discutir certas cousas con eles como: pago eu – non eu – non eu – non eu ... bueno vale paga ti ( inutil discutilo ). Tolean polo pan negro ( eu non sei a quen foi o salvaxe que se lle ocorreu dicir que abrazaron a romanidade por que descubriron o sabor do pan branco e o gusto do viño, que vale, son delicias romanas pero ... pareceme inconsistente o argumento só ), matan por unha cerveza e odian falar de politica con descoñecidos escepto que lles menten a Mauerfalls que iso xa é outro cantar ... E como de historia alemana sabemos moito por Hollywood deixamos aqui ó pais da xente “insipida” ( preguntome se algun día a meca do cine fara unha peli sobre a caida do muro en vez de sobre o levantamento de Ausswicht) ...
La France ? Que pasa co pais da Liberte? Onde quedou a Fraternite? Olala, son poucos os fanceses que coñezo pero na súa maioria poido corroborar que si, teñen cara de franceses e coinciden na súa maioria no desprezo pola R española ... Xa sei que é dicifil pasarse á vibrante pero home, co pesados que son eles para que nos fagamos ben ese son R ... podían ter un pouco de consideración ...
[continuara, por que esquecin a onde quería chegar ... ]
No hay comentarios:
Publicar un comentario