sábado, 5 de septiembre de 2009

Identidades: Santiago

Non é condicio sine qua non que ha historia dunha nación se teña que remontar á prehistoria para que se admita a lixitimidade desta. Ás veces a personalidade dunha nación xerase en tempos máis próximos, ou polo menos a partir do ano 1. Se os celtas, os celtiberos, os castrexos, os romanos e demais xentes non nos convenceron, se Ith e os fillos de Mil nos soan a invento moderno, se cremos que as meigas as podemos encontrar en calquera punto cardinal, podemos avanzar un pouquiño máis no tempo, e situarnos xeograficamente no Santiago do bispo Xelmirez.
Que o sartego do primeiro dos apostoles do Noso Señor aparece nas terras Galegas non foi casualidade. Primeiro por que aquí se atopaba o Ara Solis, antigo lugar de peregrinación pagana que habia de ser cristianizado, pero sobretodo por que o inimigo musulman estaba ás portas de Europa e o seu único freo eran as forzas dos reinos cristianos do norte peninsular. Os reinos habian de unirse, por riba de toda rencilla politica e non hay unión máis forte que a da fe, por que aqueles que comparten unha mesma fe sentense participes dun mesmo mundo, e isto non é unha teoria miña, senón unha teoria que xa os romanos tiñan patente (estudiese a tardoantiguedade e as persecucións cristianas), e porsuposto, tamén a comunidade musulmana. Necesitabase un foco de unión, punto de peregrinación, un novo axis mundi do universo cristian, posto que ás terras de Pedro quedaban afastadas. Neste contexto retomouse con máis forza o culto ó ultimo leito do apostolo Santiago. E a cousa hemos de estudiala máis detidamente, pois na cidade de Oviedo, sede rexia do reino Astur, ó que Galicia partencia como condado ( condado que abarcaba tamén as terras comprendidas entre o Eo e o Navia), gardaba dentro das súas fortificacións una das reliquias máis importantes do mundo cristian despois da Vera Cruz atopada por Santa Helena nas terras de Xerusalen, a coroa de espiñas da Saint Chapelle de Paris ou o camisón do parto da Virxe custodiado en Amiens, Oviedo gardaba a sábana santa, a tea sagrada que máis directa relación gardara co corpo inerte de Cristo e o milagre entorno o cal se levantara toda a fe cristiana: a resurrección. Certo, en Turin había outra Santa Sindone, e ambas, como ben dixo un experto e bispo ó mesmo tempo, son verdadeiras ( tan verdadeiras coma falsas), non obstante permitome o luxo de desviarme do tema para aclarar que é posible que as duas sexan verdadeiras, unha sería o sudario ( Turin) que serviu de mortalla e a outra sería a verdadeira sindone (Oviedo), a tea que se utilizou para transpostar o corpo de Cristo ata o sepulcro e que a lei xudia considera que o cadavre é algo impuro que non debe ser tocado, pero ademais, ó sangue do defunto, se é que perdeu sangue, ten que ser recollido e spultado xunto ó corpo se é posible posto que no sangue, segúndo a tradición semita, reside a alma, e se esta non descansa como é debido tampouco o fara o espirito. Dita tradición, un tanto extrana, seguramente se deba ós apocrifos do Xénese no que se di que tralo asasinato de Abel ó sangue deste clama xustiza.
Atopamonos ante esta situación: en Oviedo temos ó Señor, en Santiago temos a un simple servo. ¿Como chegou o segundo a superar en fama ó primeiro? Non atopei aínda fontes que mo aclaren pero o que si é certo que Galicia viviu un dos seus mellores momentos, grazas a Santiago ou a Prisciliano ou a quen sexa que durme no sartego, debemoslle unha época dourada na que floreceu unha literatura trovadoresca que tan fartos nos ten durante a eso e o bacharelato. Os camiños de Santiago foron unha importante via de comunicación e intercambio cultural através dos cales non só se deu un florecemento da literatura en Galego-Portugues senón tamén a maduración dun románico, primeiro estilo artistico común a toda Europa, que atopa no portico da Gloria a culminación da súa escultura. Por outro lado á ocupación musulmana, e non me quero meter en se somos medio arabes ou non, debemoslle a creación de numerosas lendas entrono a mouros e mouras que deixaron en terras galegas centos de tesouros ou que mesmo se preocuparon de gardar os segredos dos castros.

P.D Gustariame ter información sobre Galicia e a ocupación musulmana da peninsula. Xa sabedes, grao de islamización e intercambios culturais entre cristians en musulmans aqui polas terras altas e que non hay que esquecerse que el “borrico de Almanzor”, levou a campá de Santiago.

No hay comentarios: