sábado, 29 de agosto de 2009

o home occidental I

Estaba lendo hoxe o periodico e non sei por que comecei a poñerme nerviosa, a molestarme polo que lía, a darlle voltas e voltas a unha das ideas permanentemente de moda: “o progreso”, iso que eu, creo que acertadamente darei en chamar “a cegueira do avance”. Creo firmemente que dúas son as caracteristicas que fixeron que o home no camiño dos milenios se elevase como o máis perigoso dos pobladores da Terra e estas son, por un lado a liberación das mans, consecuencia directa da posición bípeda, e outro a lengua oral, que segúndo () é síntoma inequívoco da alma). Eu pretendo ir máis alá, atrevome a dicir que mans e lingua son expresións da alma, medios comunicativos eficaces, as primeiras expresión material do home e as segundas reflexo inmaterial do seu pensar.
Lamentablemente igual que fomos quen de construir toda unha complexa historia con esas duas armas, en principio tan modestas, tamén somos quen de decontruila sen deixar nin tan sequera os cascallos do noso paso. Fai moito que esquecimos que formamos parte da natureza e que vivimos a mercede dela: do mar, das tebras da noite, das pinguas de chuvia, da neve, o lume e os tremores de terra polo que o verdadeiramente arrepiante agora é ver como nos esquecemos de nos mesmos pensando que nada temos que ver cun señor do paleolitico, cun cabeleiro do dezasete ou cun borracho romantico do XIX morto de frío nas rúas Parisinas. Certo, non temos nada que ver con esas afastadas sociedades de moral tan diferente, de crenzas estranas, de supersticións hoxe en día risibles, pero somos producto delas, o mundo non sería o mesmo sen o século XV, sen o fin o do XVIII, o mundo contemporáneo sería totalemente diferente se Berlin xamáis vira o 1989, España non sería España se os mouros non pasaran por ela. Nunca seremos concientes diso por que estudiamos Historia en busca dun aprobado e non dunha conciencia de nos mesmos. Igual debemos destruilo todo e comezar de novo, repetir de novo todolos erros e logo chorar como nenos o que non soubemos conservar como adultos ( a nai de Boabdil me perdoe).
A San Martiño de Mondoñedo querenlle pasar por preto unha autovia para que os osos do Bispo Santo dancen salsa no sartego. Pasara o tempo é alguen repara en que as vibracións e vapores emanados da santa vía perxudiqcan a unha das mellores xoias do románico galego. San Xulian dos Prados (Oviedo) virará os ollos cara Galicia e cun soriso melancólico nos beizos dira: “Por que non aprendestes de min?”. Certo, non aprendemos dese fermoso monumento do prerrománico asturiano, que eclipsado pola estrela de Santa Maria do Naranco, aguanta estoicamente o paso dos coches ó seu carón. Repitamolo erro, amigos, temos na mas un gran deber: borrala historia artistica e con ela parte da grande Historia. Sempre nos quedaran as palabras escritas, ainda que logo poderemos esquecernos de ler.
Leo na Voz de Galicia unha reportaxe sobre Carlos de Inglaterra e as súas desavenencias coa arquitectura moderna. Presto atención ás liñas e comeza a entrarme un noxo intenso ó apercibir entre elas un soriso magro un ton despectivo cara un home e a súa actitude ante o gran progreso da enxeñeria, o aceiro, o cristal e a informática, un home que non se deixa deslumbrar por nomes coma Fosters achacandolle unha mentalidade conservadora. Certo, non podemos esperar do señor Carlos outra cousa máis que unha tendencia monarquica e conxervadora, iso sería contranatura, prodixio do universo digno de admiración. Máis por unha vez estou de acordo con el, cómo é posible que desaparezan barrios enteiros de casas victorianas para levantar edificios de considerable altura acabando coa típica imaxe da vila inglesa? Quen que goce de boa saúde mental pare a enxeñosa idea de construir un rañaceos ultrasuperhipermegamoderno preto da Torre de Londres ou do Big Ben? Non é iso como se na praza no obradoiro, fronte con fronte da catedral nos levantan un edificio estrano á arquitectura do casco historico Santiagues intentando taducir a obra do mestres Mateo a claves modernas ? Pero que claves modernas? Unicamente ás visuais? Sí, claro, por que o verdadeiramente importate do Pórtico da Gloria, a parte de ser o máximo espoñende da esculturica tardorománica europea é que reflicte o pensar do home do medievo, os seus medos ante o xuizo final, a súa crenza firme na salvación. Dicideme: é ese o pensar do home contemporáneo?, aterramonos coa idea do lume eterno? Arrepianos o pantocrator? Eu creo que o maior medo da nosa sociedade é unha crise económica que acabe coa sociedade do benestar ... ou mellor dito: coa sociedade de consume e libre comercio.
Sobra mentar o repelus que me causa o edificio Buenavista de Oviedo, ese centollu xigante que modifica a vista da cidade completamente dende o Cristo e que tan loado foi por uns como criticado por outros. Alí, encasquetado no medio da cidade, papandolle o aire ós edificios lindeiros e danando a retina do visitante que de súpeto, camiñando tranquilo por las rúas ovetenses se atopa con ese monstro aínda e construcción e xa oxidado. Se o Buenavista descansase nun verde prado, afastado do nucleo urbano, contribuiria sen dúbida á creación dun espacio verde e de recreo, limpo e interesante ó redor do cal poderia medrar un ocio que conxugase a vida urbana coa vida ó pe da natureza, e falaria tamen dun home en armonia con sigo mesmo, pero así, levantado onde esta eu só vexo os aires de grandeza dun arquitecto que esqueceu que a arquitectua non é unha escultura a grande escala sen unha arte cuxa maior grandeza é á de servir ó home sen esquecer a beleza artistica e técnica, facilitando a vida deste pero tamen a recreación sensorial.

No hay comentarios: