sábado, 8 de agosto de 2009

Identidades: Celtismo e celtofobia I (intro)

O post, moi na miña liña, e bastante repitivo seguramente, é froito de certa conversa que mantiven con unha amiga, unha desas conversas a estrañas horas da noite, cando un se sente moi erudito ante calquer vaso cheo de auga, cola, ou outras sustancias como a sidra. E é que non podiamos evitar caer en tal conversa, eramos tal para cal … a invicta asturiana levoume ( e eu deixeime), camiño do Eo – Navia, e claro … armamola amistosamente. Ela viao todo branco ou negro e eu, que tendo a velo máis gris, conseguin, por unha noite, que a radical se volvera un chisco máis moderada, ou que polo menos se sentira interesada por leer ou escoitar outras razóns que non foran as dela … E dende aquela noite pensei neste post, no celtismo, na celtofobia, na koine europea que se reflectiu no camiño de Santigo e nos anuncios do Gadis ( que lle queres … así é o mundo consumista …) … E ademáis, xa que me anda o blog medio moribundo, penso que esta é unha forma de resucitalo, aínda que so sexa un chisquiño de nada, para que o encefalograma non sexa tan plano …
Falemos pois de nacionalidade, nacionalismo, da nacion, de Galicia, dos galegos e do galego, do pasado, do presente e dun posible futuro, e fagámolo non só afogando nas vellas cantigas senón brincando ó son das novas cancións que por unha ou outra razón son chamadas clásicas e que, algún día, serán parte do acervo popular.Os movementos nacionalistas apareceron a finais do século XIX como resposta ós intentos de unificación napoleónica e as políticas de centralización de poder dalgúns estados como o Imperio Austrohúngaro e viviron o seu explendor durante o seculo XIX. As fronteiras da vella europa cambiaban e as novas nacións quixeron afirmala súa identidade volvendo os ollos a un pasado, canto máis afastado mellor, tomaban o concepto organico historicista da nación, nado en alemaña das mans de Hader, Fichte e Rairke. A arqueoloxia, unha ciencia que comezaba a encetar os sendeiros da historia, foi a principal arma que atoparon os nacionalismos para exumar a veces sen moito acerto, un pasado que fora base dunha sociedade e unha historia común. Galicia non quedou ó marxe aparecendo a mediados do século XIX unha conciencia de identidade propia que desenvocou no desenvolvemento do movemento nacionalista galego logo de pasar este por dúas fases previas: o provincialismo e rexionalismo.Os intelectuais galegos viron na cultura castrexa as mostras máis importantes dun pasado comun galego, un pasado ou unha cultura pasada que presentaba moitas similitudes cos pobos celtas da vertente atlantica europea. Creuse enton que o pobo galego era celta, ou que polo menos, tiña moito de celta, de feito ata Irlanda chegaran netos de Breogán, o heroe galego por escelencia (Lenda de Ith e os fillos de Mil)Pero sería inxusto falar de que antepasados galegos conquistaron terras irlandesas sen recordar que por estas terras hai unha vila chamada Bretoña fundada por Maeloc, xeneroso señor dos bretons que escondeu no monte Corneria ( ó pe da miña casiña. Se alguén quere vir buscalo comigo eu levo tres cuartos … ) un suculento tesouro polo que Foz e Barreiros loitan cada ano.

No hay comentarios: