martes, 28 de agosto de 2012

FERMOSAS E ESTÚPIDAS MANIAS - 2


Aínda que non piedes, sei que me ledes, e quizáis esta publicación sexa un desafortunado atrevemento, pero levánme fervendo as veas toda a semana, ou todo mes. Eu son fiel defensora das tradicións populares, pero non de todas, as que che privan de vivir debéranse erradicar. 

Eu non sei porque cando un é albanel e está de luto ninguén lle di nada por seguir poñendo ladrillo e sen embargo cando un é bailarín e gaiteiro ten que gardar un ano e pico de silencio, aturando ademáis á xente que o censura dicindo: hai oh! por min fai o que queiras, que con non tocar non lle fas nada agora.  Pídenme que deixe de tocar por alguén que deu todo o seu tempo para que eu bailara e tocara e formara parte dunha banda de gaitas. ¿Por qué teño que respetar eu que lles doa escoitarme ou saber que fun ensaiar cando ninguén se decata do que me pode doer a min deixar de facer iso e gardar silencio gaiteiril pola memoria dalquén que o daba todo por escoitarme? Supoño que se entende que iso de tocar é un hobbie idéntico ó de ir de desicotecas e emborracharse, pero xogar ó futbol é ir de caza tamén son hobbies e máis niguén o deixa por estar de luto ( ou si???).
 [Non falo só por min, senón por xente da miña mesma condición que tamén sufriu isto de maneira inxustificada].


No hay comentarios: