Por terras galegas extendéronse tempo atrás obras deliciosas vidas de america, ou polo menos, nacidas de cartos americanos: A arquitectura indiana, esquecida ata hai ben pouco, senón pola historia si polas xentes e os concellos que deixaron que as obras desta época se degradaran ata extremos insospeitados, volve tomar color e presencia nos cascos históricos.
Betanzos é, sen dúbida, un dos mellores exemplos de como os cartos de américa non só enriqueceron a alguns galegos senón que axudaron a mellorar a calidade de vida dos cidadans das vilas e cidades ás que retornaban os emigrados. Así pois a vila de Betanzos deveulle ós irmáns Garcia Naveira as súas escolas municipais, un sanatorio e ata un refuxio de nenos. Pero, evidentemente, todo cidadan, unha vez cubertas a súas necesidades básicas ( sanidade e educación) tamén necesita dun lugar de recreo no que entablar vinculos sociais, descansar, evadirse e pasar momentos familiares, para todo iso contaba Betanzos cun extenso e fermoso parque sufragado tamén polos irmans Garcia Naveira: O parque do Pasatempo.
Da súa extensión de 90.000 metros cadrados só queda hoxe a décima parte, e menos queda seguramente da súa beleza de antano. Grutas, pasadizos subterraneos, un mirador chino, a mezquita de Mohamed Ali, o parque do Retiro e graciosos retratos dos promotores da obra, así como reloxes coas horas de cada uso horario eran algunha das maravillas que se encontraban aquí. Había no seu proxecto un evidente sustrato educativo sobretodo visible na incorporación dun xardín botánico con especies vexetáis de tódolos continentes.
A entrada non era libre, excepto para os escolares, sen embargo é de sinalar que os cartos recaudados estaban destinados a sufragar os gastos de mantemento do asilo de Betanzos, obra tamén dos irmáns García Naveira.
Da historia en si do parque non sei máis que a que poido ler por algunhas páxinas de internet, e a miña memoria fotográfica non é tan boa como para recrear con perfección cada detalle do visto na miña única visita a tal obra. Teño que recoñecer sen embargo que volvería a visitar tal lugar, pero iso si, esta vez soa, para degustar ata o máximo cada recuncho do que debeu ser algunha vez un lugar exquisito. Xa sabedes, menos tortilla e máis Pasatempo !

No hay comentarios:
Publicar un comentario