Revisando o vello blog, a maneira de adolescente lendo os seus diarios infantís fun descubrindo recordos que non publiquei aqui e que sen embargo ben o merecen, asique se mo permitides, vou ir facendo un selección deses bos momentos en wordpress. Desculpademe se por casualidade colgo algo que xa colgara aquí. Hoxe seguramente vaia publicando máis cousiñas, desculpade as molestias :)
Osnabrück
A arte dos nosos días está morta.
Estiven en Osnabrück fai uns días con dous amigos. Un deles ainda que me confesou sinceramente que non desfruta coa arte e cando está comigo sempre me anda a preguntar cousas: por que esta estatua é asi, porque ese cadro ten esa cor ... como se eu o soubera todo ... A min gústame que me pregunte porque el, mirando cos ollos da ignorancia artística mostrame as lagoas que eu mesma posúo.
Entramos na catedral e ali, a ambos lados do altar había dous enormes cadros contemporáneos, sen nome. Tratabanse de dous lenzos de fondo branco sucio, con un ciruclo cada un feito con pintura diluida.
O meu amigo e eu sentamos nun banco, como sempre facemos cando vamos ver algunha igrexa ( cinco minutos de espiritualidade para os máis antiespirituais do lugar ... ) El miroume e suspirou:
- ¿Sábes? Eu non o entendo - dixo como querendo unha resposta da experta.
- Eu tampouco- respondin mirnado o altar, un precioso retablo gótico.
Recunchos do mundo (<----- coa vosa axuda ben podia facer unha categoria nova para estas delicias)
En Bremen hai unha rúa que se chama Philosopheweg (o camiño do filosofo), non lle puiden sacar foto por que a miña camara estivo no alén durante dous meses, ata que resucitou a semana pasada. Se volvo, sacareille foto, prometoo. O luns desaiunei con el no sotano do concello de Göttingen ... E no primeiro mes saquei fotos no tilo de Goethe...
Tamén hai unha rúa sinistra que se chama Knochenstraße, a rúa dos osos.
É a cidade dos Trotamusicos ...
Contra as academias
Academia de Berlin. Carstens envialle unha carta a Heinitz, director
da devandita, na que o informa do seu desexo de permanecer en Italia a pesares
de finalizar o seu tempo de estudio o que supon o abandoo da Academía
Berlinesa.
O séculos XVIII/XIX entre academicismo e liberdade …
… Deseo decir a su excelencia que yo no pertenezco a la academía de
Berlín, sino a la Humanidad .., sólo puedo desarrollarme aquí, entre las mejores
obras de arte que existen en el mundo, y continuaré justificandome con todas mis
fuerzas, ante el mundo, con mi trabajo … mis facultades me han sido conferidas
por Dios; debo ser un administrador responsable, de forma que cuando llegue el
día en que se me llame para rendir cuentas de mi administración, no deba decir:
Señor, el taento que has depositado en mí lo he enterrado en Berlín …
No hay comentarios:
Publicar un comentario