Carrascos, carrascos, carrascos, carrasco rosando os montes, carrascos entre chorimas dourando os montes. Carrascos tenros, carrascos polas corredoiras ...
Carrasco é unha das miñas palabras favoritas. Potente e súave. Ós carrascos algúns chamanlle brezo. Brezo tamén é unha palabra fermosa. Doce e forte. Os carrascos ... carrasco, dicilo facendolle vibrar de carraxe ó erre e aplacando a xenreisa co ese. CARRASCO ...
Eu teño un carrasco no xardin, triste e illado, comprimido entre rosais e semprevivas, fora do seu salvaxe hábitat ... o CARRASCO, tinguindo de rosa os camiños nevoentos que cruzan en silencio os montes ... non hay como subir Mondoñedo mirando como resplandecen as ladeiras das que nos chamamos montañas co rosa e o dourado de Galicia ... Habíamos de ter unha bandeira marela e rosada ... habíamos de ter ... habíamos de ter tantas cousas ...

No hay comentarios:
Publicar un comentario