miércoles, 21 de diciembre de 2011

In Memoriam ...

Levo unha semana tentando escribir isto. Unha das cousas máis tristes que tiven que escribir ata agora: unha despedida á miña máis fiel lectora. A cada palabra saéme unha bágoa, dixeno xa moitas veces: escrbir doe, e doe moito máis cando che teño que escribir a ti, que xa non podes lelo.


Quereria poder escribir agora parágrafos e parágrafos que che fixeran honra, pero as palabras quedanme na gorxa e furanme a alma, sen esaxerar. Pasou moi pouco tempo para que poida dirixirme a ti tomando a suficiente distancia, e é que aínda sinto a tua voz pola casa, ou ó meu carón reñindome por face-las cousas como non debo, ou por facelas como non che gustan.

Foron moitos os que me ofreceron o seu hombro, a súa axuda, as súas apertas, a súa compaña, os seus oídos, as súas mans e o seu saber, pero por moito que me ofrezan nunca poderan suplir a falta das túas apertas, do teu aroma maternal, das túas palabras sanadoras, dos teus ollos expertos, de ti toda.

E deixoo aquí … a miña voz quebra de tanta dor, de tanta impotencia, rachana tantas ideas e palabras que intentan saír e se acaban convertendo en bágoas. Eu sei que non che había gustar verme chorar así … pero é o único que quero facer agora.

No hay comentarios: