Fostedes o mellor da humanidade na miña ausencia?
Eu direivos que non o fun, onte, mentras volvía á casa cando logo de saír do instituto arqueoloxico de Gotinga me dispuña a baixar Nikolausberger weg, aconteceu. Pasou unha das peores cousas que me podía pasar un luns pola maña e case recen aterrizada: matei unha mariquita sen querer. Estaba alí, vermella, pequena e indefensa, paseando a súa figura inocente pola estrada. Vin a súa dicindome “bos días” dende alí abaixo, e eu sorrín pensando “anda! Unha mariquita, que bo sinal”. Pero non sei como, nin por que, aínda non mo explico, quizáis foi unha confusión entre dimensións espacio temporaís ou que sei eu, no mesmo instante en que sorrín ó ver á mariquita o meu pe, descontrolado, indómito, fora de rendas caeu sobre ela. AS miñas orellas estremeceronse, non polo vento frío, senón polo son que chegou a eles: os seu órganos todos espacurrandose baixo a coiraza vermella.
- Merda! – pensei – isto é de malagoiro.
Agora vivo con medo …
NOTA:Xa sei que en galego non se di mariquita, que se di xoaniña ou rei. Eu digo, mal que me pese, sempre mariquita e non bos sei dar razón tampouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario