A aposta tanto española coma galega pola temática das series de televisión ségueme a parecer pouco imaxinativa. Parece que últimamente estamos atrapados nas series de época: Gran Hotel, Bandolera, La República. Ou series de temática criminal: homicidios ( mala mestura entre CSI, Mentes criminales, e El Comisario. Ou series de misterio como El Barco, que debe pretender continuar coa estela de misterio deixada por El Orfanado ( que grazas a deus xa se acabou).
Pode ser que me meta a criticar algo do que non teño nin idea, máis que nada por que non vin nin dez minutos seguidos de cada unha das series mentadas. Por exemplo, con El Barco, só vin dous minutos, os dous minutos máis predecibles e aburridos da miña vida ( se non contamos cos minutos perdidos vendo Harry Potter). Con Bandolera bastaronme trinta segundos de dialogo para decatarme de que a serie non tiña nada que facer comigo, ou eu con ela. Hai catestía de mentes frescas e de productores atrevidos así coma dun publico que apoio as apostas arriscadas nacionais ( claro que como non as hai … ).
Imaxinativa foi a serie “Los Protegidos” e a ahí a tedes, a piques de darnos unha terceira temporada ( espero que desta volta lle den un chisco de acción e resolución, por que empezo a temer que prolonguen demasiado a vida desta singular familia). Non pido, claro esta, unha seríe sobre zombies españois estilo The walking dead, ou un the mentalist ou Medium. Si pido que os señores que manexan os fíos televisivos se decaten de que hoxe en día da igual ver unha cadea que outra, por que todas apostan practicamente polo mesmo e nin sequera se reparten as series internacionais.
Para cando unha aposta divertida e familiar como Doctor Who ( ollo, non quero que o copien, ó igual que non quero que copien the mentalist, mentes criminais … ect). Só digo que non se necesitan grandes efectos especiais ( xa vedes como son os Daleks de Doctor Who), nin grandes enrevesados guións cheos de personaxes que entran e saen e se lian sen ton nin son ( xa vedes Doctor Who: Amy, o Doctor, e a TARDIS).
P.D Creemos unha plataforma de xente inconforme coa calidade das series españolas, escribamos un guión delirante nunha noite de insomnio/festa, grabemos un piloto ( sendo nos os actores) en formato de 8 milimetros e vendamoslle os dereitors ós chinos ( de ou non resultado habemolo de pasar ben :D)
No hay comentarios:
Publicar un comentario