domingo, 3 de julio de 2011

My sweet fat Valentina

posibles spoilers

Foi hoxe unha moi doce noite, e unha moi doce maña. Non por nada en especial, senón pola inmensa cantidade de azúcre que traguei. Culpa diso teñeno os salzige Lacrizz Heringe e as american cookies que cociñamos ... e tena tamén a telenovela Mi gorda bella, con remeak de Televisa de nome "llena de amor", e promocionada no mundo anglosaxón como My sweet fat Valentina.

Evidamente chamarse Valentina xa di moito da protagonista. Por un lado significa valente, calidade que toda heroina de telenovela debe ter, pero por outro lado, por culpa de San Valentin, asociamos ese nome co corazón e cos enomarodizos, ou como neste caso cunha persoa namorada ata o absurdo do enfeitizante, amable, engaiolante e atractivo Orestes.

Aquí ven o interesante da telenovela. A historia xira entre as intrigas da familia Villanueva ( non de Lourenzá, senón de Caracas). A nai chamase Olimpia Mecoury, e os fillos son Orestes, Aquiles e Pandora. O cabeza de familia chamase Juan Ángel. A distribución dos nomes xa nos di moito. O primeiro e que "Juan Ángel" e un dano colateral da imaxe da familia, ousexa, que existe por que ten que existir pero non por que xogue un rol importante na historia.

A Orestes temelo como un ser nobre, tipico héroe de telenovela, destinado dende o seu primeiro minuto de vida televisiva a namorarse perdidamente da gordecha Valentina. Como todos os homes da familia Orestes, o preferido de mamá Olimpia esta cego ante os actos impios da mesma, non obstante, cando os descubre é o primeiro en enfrontarse a ela. En fin será que é destino dos Orestes ter unha nai desalmada ... Polo nome, xa sabemos quen debería ser o que tivera a ultima palabra, non si?

A Pandora teremola todo o tempo por intrigante, pero nun bo sentido. Olimpia odiaa por que Pandora sabe todos os seus segredos e o día que abra a caixa máxica será o fin, o fin do mundo que Olimpia construiu ó seu arredor.

Aquiles ... Aquiles prometia ser unha personaxe interante pero foi esquecido entre as demáis intrigas e rescatado de mala maneira. Se chega a ser unha personaxe interesante non o sei aínda, o unico que podo decir é que dos seus ollos verdes non se pode prescindir.

Polo demáis a telenovela é como as de sempre con ese toque exótico tirante a Yo soy betty, la fea. Iso si, non coñezo aínda ningunha telenovela que como esta colombiana lograra rebarsar todos os tópicos ós que nos teñen acostumados. En resume: viva Betty!

polo demáis, creo que outros dous nomes da telenovela merecen mención: Tza Tza Lanz, rexente dun hotal que se chama Gabor e Chiquinquirá Lorenz (a exmoza petarda e chirriante de Orestes. Creo que unha das personaxes máis insoportables da devandita serie, quen sen embargo consegue certos momentos de empatia e que ademáis ostenta un nome exotico e sonoro, rimbombante e elegante se non fora por que todos a chaman "Chiqui"). Por certo, Chiqui é filla de Muñeca. Non, non estou de coña, a señora leva o nome de Muñeca Lorenz ... e como podedes imaxinar foi toda a súa vida iso: unha boneca manipulada ata que ...

No hay comentarios: