Cñomo perder o tempo nunha biblioteca? Facil, escribindo tonterias, aqui vos deixo unha, unha que máis que buscar calidade lieteraria o que buscaba era baixar a miña temperatura neuronal e afastarme un chisco da cultura sepulcral, que oes, por moi interesante que sexa, as veces deprime un chisco. Vivan as caries do neolitico !
- Hola, eu son Anin – dixo mirando ós presentes, sentados todos eles en circulo. – e son trilingüe.
- Hola Anin, contestaron todos ó unisono.
- Contanos a túa historia. – Dixo a muller de pelo vermello.
Pero Anin non se atreveu, sentou de novo na silla e perdeu os seus ollos no centro do circulo. Os presentes creron que retía bagoas, cando o que en realidade retía era carraxe.
- Hola, eu son Romil. Falo catro linguas de nacemento.
Os presentes revolucionaronse, nunca coñeran a alguén que falara catro linguas.
- Son fillo dun home das terras occidentais, onde falan tres linguas: a do mariñeiros, a dos constructores e dos labregos máis unha lingua común. Aprendinas dende pequeno, pero agora son a miña condea. Cando tiña 10 anos uns soldados do santo silabario escoitaron como pronunciaba algo na lingua occidental e meterona no cárcel por culpa dunha miserenta palabra de enoxo. Non puido resistir á humidade nin ó frío. E nunca máis a escoitei cantarme anainas occidentais. – O rapaz sentou de golpe mentras miraba discretamente a Anin. Ela mirabao apanpada, con ollos asustados.
Cando saían do edificio despois de escoitar aquelas aterradoras hisotrias de persoas que falaban máis dunha lingua, Romil achegouse á rapaza. Ela esperaba o autobús na veirarúa.
- Es nova. ¿Por que non me contas como chegaches aquí?
A rapaza non contestou, como se non o escoitara.
- Que linguas falas? – ela seguiu sen responder – polo pouco que abriches a boca ti falas A-nosa, e diría tamén que Occidental, pola forma en que pronuncia-los r, ¿é a terceira?
- Confundinme, non falo tres, falo dúas, como ti dixeches: A-nosa e o Occidental.
- Xa, tan certo como que te chamas Anin. Bonita combinación de letras, era a forma coa que os do norte dician Amor. – os musuculos da rapaza tensaronse, delatando certa incomodidade.
- Ahí meu deus! Fala-la lingua do norte?
- Shhhhhhhhh – contestou mirando cara os lados, temendo que alguén os escoitase. – perdete Romil.
- Falas nordico!!! – dixo cun lume intenso queimandolle os ollos.
- Que te perdas!!
- Si, dende logo tes xenio do norte. Fiaste de min?
- Non che acabo de dicir que te perdas?- dixo desafiante – deixame tranquila.
- Esta ben. Pero polo menos acepta algo en compensación por estes minutos tan asfixiantes para ti. – dixo collendoa da man. Os ollos dela abrironse como platos.
- Non o abras ata chegar á casa. Vemonos na próxima sesión.
Nada máis entrar na súa pequena casa abriu a nota que aquel rapaz lle dera. Tratábase dunha dirección escrita nun papel que levaba unha marca de auga. On puido distinguir o símbolo a primeira vista dado que xa era case de noite e non tiña luz. Acendeu pois unha candea e mirando a contraluz descubriu por fin de que se trataba o símbolo. Era unha letra K, que no lombo levaba unha C invertida. A plica da K alongábase ata que os estremos tiñan espacio suficiente para converterse nunha frecha. Cerrando cunha liña as dúas letras o que se optiña era o debuxo dun caliz e unha frecha, ou mellor dito, un tinteiro e unha pluma. A rapaza sentou sen alento. Polo reverso da nota leu:
Se queres conservar o que sabes, colle a pluma é ven ó tinteiro. Serás benvida á irmandade do Étimo.
Non eran unha lenda, contactábana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario