Galicia é a terra do demo.É a contradicción pura, a dialectica do amor odio. Eu creo nos tópicos. Eu creo nas diferencias, esas diferencias que tinguen de cor o mundo no que vivimos, sexa cal sexa.Galicia é a terra do demo e dos anxos.Nela moran seres escuros e seres de luz. Nela acabase o mundo e nela volve comezar. Nela moran as meigas e os trasnos, nela tódalas mulleres teñen algun poder adormecido no tempo.Galicia é a terra do demo de contracción pura.É mar e é monte. E aldea e é cidade. E ancian e adolescente. É a terra da xente caseira, e sen embargo é a terra dos emigrantes. Foi o reino das viúvas dos vivos.Odiamola como a ancora que nos impide a singradura, pero queremola tanto á vez que retornamos sempre, por que sempre é un bo lugar para retornar.Cambia, muta, emporcamola e empobrecemola, e continua perenne no pensamento como unha terra romántica e bohemia, de brétemas, lobos e mariñeiros.Galicia é a Galicia dos nenos, o recordo intacto na mente infantil dos tempos.
… Onte, dende hai moito tempo, sentinme de verdade Galega, falando do festival de cans, as formigas en vinagre, o licor café, o caldo que cura as resacas, as meigas e San Xoan, falei tanto das meigas … da queimada ben feita, doce e quente …
No hay comentarios:
Publicar un comentario