domingo, 18 de octubre de 2009

A bela chegou á casa

Nefertiti ten un novo fogar
Non fia falla que vos conte que Alemania é un dos meus últimos obxetivos, cada día máis afastado, por certo …Nin fai falla que vos comente a fascinación que me causa a illa dos Museos de Berlin. Ben sei que cando un pon moitas esperanzas nalgo así o máis probable e que se descepcione cando se materializa ante os seus ollos. Pero como aínda non estiven en Berlin, nin pisei esa illa do Spree … Case todos os museos da illa, aventurome a dicir, seguramente garden un aspecto de gran almacen de antiguedades … a verdade e que non coñezo o programa museografico actual a fondo, pero si sei que pola data de fundación e as caracteristicas das obras, os museos da illa estan na liña do Louvre e o British, ámbolos dous grandes descepcións para o visitante experto. De todas formas, confiemos na organización e a loxica alemana …Xa o teño comentado, a vida da illa dos museos corre paralela á historia alemana, é máis, esta intimamente ligada a ela. Igual que durante a Guerra Civil Española o Prado sufriu o seu, durante a II Guerra Mundial a Illa dos Museos non foi allea ós conflitos bélicos, máis ben, non lle deixaron permanecer allea. As bombas non fan distinción de clases atopando na illa un bo blanco. Durante o conflito a organizacion da illa paralizouse, o mundo esqueceuse de que existia e hoxe, 20 despois da caida do muro de Berlin, o programa museografico permanecía aberto para sandar a feridas causadas pola guerra.Este fin de semana parece que todo rematou. Angela Merkel, a canciller alemana, inaugurou o Neues Museum, ultimo descanso de Nefertiti. Cerrase asi un ciclo na historia dos museos alemáns.E repito, como xa dixen outras moitas veces, que é interesante mirar a historia dende outros aspectos. Se queredes saber algo sobre historia alemana, agora que esta tan de moda, recomendovos, dende a miña posicion de futura licencia en Historia da Arte, que comecedes pola illa dos museos, inseparable da historia de Berlin.E se vos interesa a Historia contemporanea e a arte contemporanea, sempre podedes ler sobre aquela exposición de pintura dexenerada na que se deron cita as mellores obras das vangardas de primeiros de século. ( xa falaremos de certos aspectos interesantes dese articulo … como as cinco horas de ringleira)
Recordade que ( tirando de Tatarkiwich) o arte é unha actividade de creación humana, artificial, con certo caracter mimético, suxeita á história e á sociedade que a produce.

No hay comentarios: