sábado, 19 de septiembre de 2009




Entre as artes pictoricas existe unha que me fascina: o grabado. Non só pola complexidade técnica que se non tamen polo seu carácter diviulgativo. O gran arte do lenzo democratizouse gracias ó pequeño arte do grabado. Madeira, linoleo, pedra e diversos materiais serven de matriz ó grabado e cada material conleva, evidentemente un trato diferente e confirelle á estampa un caracter propio. Pero o grabado ten tamen algo de fastinante, como o debuxo, entendoo máis ligado ó mundo onirico, quizais por estar afastado da grandielocuencia que dominou á pintura a través da historia.
Durero había de ser un dos primeiros grabadores recoñecido no mundo artistico tras del virian outros como Doree ou, xa máis recentemente Salvador Dali. Pero quedemosnos co segundo. Gustave Doree, coñecido por ilustrar a Biblia, con gran exito, a Divina Comedia de Dante ou as fabulas de Lafontaine. Naceu en 1832 na cidade de Strasburgo, Alsacia ( ese pequeno recunchiño medio frances medio aleman que tantas dores de cabeza nos ten dado ...), Doree, ilustrou libros ata o seu falecemento en Paris en 1883. Como vos decataredes, por cronoloxia e eu diría que tamén por estilo, o noso grabador vive inmerso no mundo do romanticismo. Como anecdota deixademe sinalar que nunha das súas viaxes por España fixo grabados das diferentes rexións do pais, entre elas Galicia. Por outra banda os grabados máis famosos sobre o Quixote pertencen, como non, a Doré.

No hay comentarios: