miércoles, 6 de mayo de 2009

15 minutos

Será que non teño ganas de facer o que teño que facer que agora adicome á protesta estudiantil, que vos parece? Hoxe os de filología convocaban unha sentada en contra do grupo unico de practicas ( problema boloñes que só atáñe ó campus de humanidades de Oviedo, polo visto). Total, piramos unha clase por unha boa causa: apoiar á uns compañeiros nalgo que tamén afecta á facultade de Xeografía e Historia. Conxeáronseme as mans, os pes, ata o cu me enfriou, por que alí, no hall unhas estranas correntes querían acabar coa concentración … concentración que durou 15 minutos, os xustos para a foto de turno no xornal. ¿15 minutos? ¿a onde ides cunha sentada de quince minutos cando Bourdeos esta paralizado e hai un campamento dentro da Complutense? 15 minutos … se o sei non vou nin ainda que me pagaran … despois queren que nos tomen enserio … ¿quen pode tomar en serio a catro gatos que pasean por Oviedo con pancartas de cores e se están a descansar no hall durante uns miseros 15 minutos?
En fin, como me poña en plan activista ... van saber estos o que é unha sentada ...
Por outro lado, maña temos unha charla sobre “as humanidades no EES” ( no EES non sei pero aqí mandaranas a tomar por saco nuns aniños), non sei se ír para reservarme ó rector, que ven o xoves, a falar do mesmo ... Pero a min dame que nin con rector nin sen rector se van calmar os animos. Como dixo unha profesora: “La cabeza que os la corten, pero no la pongais vosotros bajo el hacha del verdugo. Ni aunque te queden seis meses de vida dejas de luchar, aqui se lucha hasta el final” ( Oleeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee. Pena que aquel día non tivesemos ganas de oila berrarnos esas cousas, non para enfadarnos senon para “espabilarnos”).
Pero xa é imposible espertar, un aire de resignación inundao todo. O únoico que nos queda é informarnos ben, coller forzas, lanzarnos a xuño seguros de que se non é agora será despois pero que o conseguiremos e deixarlle claro, a quen sexa, que non fixo un bo traballo coa adaptación do plan e que debe contar coa opinión dos que o sufrimos para subsanar todos os erros, pois sempre existen erros cando algo pasa da teoría á práctica.

E espero que alguén me lea, e que esta información lle sexa util, por que me sinto como falando para paredes, cando preferiría creme verza observada por galiñas famentas ....

1 comentario:

CDL dijo...

Ola,
Hai tres semanas creamos RnB (Ribadeo na Blogosfera), listrado dos blogues editados en Ribadeo ou ben feitos por cidadáns ribadenses que residen/escriben fora do concello.
Visita RnB e se eres un blogueiro residente no concello ou ribadense que resides fora déixanos un comentario e incluiríamos Ladaiñas na Brisa en RnB.
Saúdos.
(O enderezo de RnB é http://ribadeoblog.blogspot.com)