martes, 31 de marzo de 2009

Ás miñas bolboretiñas

Onte estiven pensando …… ás veces penso de máis … certo … e pensei que estaría moi ben facer un libriño coa experiencia de “ser alumnos” pois en canto un logra acabar os estudios e pasarse o bando dos docentes converténdose en bolboreta no mundo do saber esquece con frecuencia que foi larva … ou alumno estresado … E claro, os profes pola súa banda podía escribir un libriño coa súa experiencia e así os alumnos decatariamonos de que son máis que entes con información util. Uns lerían os dos outros e todos seríamos un poco máis compresivos …Si, estiven pensando, e cheguei a unha conclusión: en toda a miña vida de alumna os mellores profesores sempre foron aqueles que algunha vez se preguntaron ante un alumno se o método que seguen para dar a clase é o correcto. Supoño que recordan aínda a súa vida de larva na que non deixaban de buscar defectos ó profesor … por que ese é o deporte preferido do alumno, criticar ben favorable ou negativamente, a aquel que ten como traballo o transmitirlle uns coñecementos determinados … e é que os alumnos non temos termo medio: ou amamos, ou odiamos, a indiferencia significa mediocridade de notas … Cando a critica e boa e favorable e o profesor chega a ese momento en todo curso ( normalmente tras un exame ) e pregunta : ¿en que poido cambiar?, ó alumno derreteselle o corazón e abrandaselle a alma, danlle ata ganas de aplaudir con bágoas nos ollos e cala, só cala e o pobre do profe queda como estaba e non sabe nunca daquelas emocións desatadas (porque diso as larvas por moi boa memoria que teñan non soen acordarse na etapa de bolvoretas, e ben difil o traer as emocións á memoria) … e cando a critica é mala sempre chega o momento de preguntarse: ¿Son eu como alumno/a, ou é el como profesor/a, é o método, que é o que falla? Xeralemente a larva no seu sempre egoista raciocinio tende a botarlle as culpas ó pobre do docente … non obstante, sabede vos, queridas larvas, que ás veces, o problema e o da metodoloxía ou do profe … e neste punto podedes facer duas cousas: calar para sempre ou abrila boca respetuosamente. Certo, as larvas non sabemos ser respetuosas en moitas ocasións asique mellor calar … bo é recordar tamén que certas bolberetas sentense ofendidas se un critica moderada e persoalemente coas mellorisimas intencións do mundo a metodoloxía … e é que a metodoloxía da clase é como un fillo inmaterial que os profesores teñen e miman tódolos días ata que a dan por infalible tras anos de prácticas. Falando de metodoloxía … hai que ter paciencia coas becarias, por que as pobres ainda estan en etapa de xestación non obstante hai algunhas con moi pouco instinto maternal … paciencia con elas nada máis.Podería seguir disertando sobre demáis bechiños do saber … quizáis continue outro día, vos que dicides?
PD. Xa sabedes, bolboretiñas miñas, que facendo a pregunta máxica sempre ( ou case sempre) acertaredes, por que no fondo ensinar e aprender foi, deberá ser e terá que un diálogo …E si, esta semana unha de vos pronunciou as palabras máxicas ata con certa pena. Non houbo critica ningunha, por que non pode habelas, todos estamos contentos, agora preguntome eu: ¿Por que non lle dixemos iso?

No hay comentarios: